g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Exposición no Centro Cultural de

Eulalia Portela Jackson

 

A exposición de Eulalia P. Jackson permananece aberta no Centro cultural da Guarda ata o 10 de xullo

            Ata o vindeiro dez de xullo, de 09.00 ás 15.00h e 19.30 á 21.30h, d eluns a venres, e de 10.00 ás 13.00h, os sábados, aínda pode visitarse no Centro Cultural a exposición de pintura de Eulalia Portela Jackson, goianesa que comezou a súa formación artística da man de Xavier Pousa e Antonio Fernández.

            Aos 19 anos desprazouse a Inglaterra onde acude á Escola de Arte de “Headington School”, de Oxford. Casa co arquitecto inglés Christopher Jackson, trasladándose a Newcastle para continuar a súa formación na escola de arte desta cidade, realizando tamén un curso de deseño de moda. En Newcastle forma parte dun grupo artístico encabezado polos artistas Jack e Lucy Rickards.

            Eulalia Jackson realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Regresou en 1995 a Goián, onde continúa a súa carreira artística e onde fundou a Escola de Arte que dirixe. Pertence á Asociación Artística Cultural de Pontevedra.

 

A Madalena

 

Nu (colección particular)

 

Bebendo na fonte (Colección paricular)

 

Granadas

 

Cabaña celta

 

Solpor no Miño

 

Xirasoles

 

Camelias vermellas

 

Descanso

 

Recuncho galego

 

Hortensias vermellas

Xullo, 2008