g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

Baile Latino

Auditorio de San Bieito

seguinte

 

Unha vez máis o auditorio de San Bieito acolleu unha exhibición de baile latino

O auditorio ao aire libre de San Bieito volveu ser, un ano máis, o escenario do espectáculo que trouxo á Guarda a academia de baile Lito, de Nigrán, onde primaron os ritmos suramericanos. Aínda que cada ano concentra a un importante número de espectadores, nesta ocasión a climatoloxía tan favorable que animaba a acudir ás praias, a Festa do Roscón, o campionato Sub 21 de Voleibol que se disputaba na Lamiña, e o encontro de fútbol entre as seleccións de España e Alemaña, contribuíron a que, nesta edición, a afluencia de público fose menor. Aínda así foron moitos quen optaron por esta alternativa que se celebra unha vez ao ano e que, como nos precedentes, mereceu os mellores aplausos do público.

Lito recibiu, ao finalizar a exhibición, unha placa que lle entregaron, como agradecemento, os seus alumnos e alumnas, ao “profesor e amigo”, agradecendo emocionado aquel recoñecemento inesperado.

 seguinte