|
Memorial de Camposancos
proxección (22/08(2008)
O
venres, 22 de agosto, o Casino de Camposancos acolleu, coma unha
actividade máis das levadas a cabo co gallo do centenario desta
institución, a proxección de Memorial de Camposancos, documental
de José Balleasta e M. Anxo Fernández, que, na voz dos protagonistas,
presos deste campo de concentración, ou dos seus achegados, narra a
historia do que foi cárcere horrendo do franquismo.
É a
segunda vez que se proxecta na Guarda, a primeira en Camposancos, antes
pasárase no Centro Cultural.
No acto
estivo presente o director José Ballesta, que lembrou que o documental
estrenouse en Berlín, e aproveitando a presenza na sala dun neto dun dos
presos no Campo de Concentración de Camposancos que finou por
enfermidade, residente en Francia e que traballa por crear un colectivo
naquel país e en Inglaterra, onde se sabe que hai familiares de
represaliados, non descartou que o documental se presentase tamén en
Francia.
Ballesta dixo que segue a traballar neste proxecto, porque é unha
historia que segue estando viva. E asegurou que Camposancos ten unha
presenza dual na memoria das familias que tiveron presos no antigo
colexio dos Xesuítas. Non ten que ser só un recordo de dor e crueldade;
é tamén Camposancos, un lugar para a felicidade e a ledicia, porque as
xentes deste pobo, como as da Guarda, souberon dar afecto e atención aos
alí privados da liberdade. E así o manifestaba, no documental, entre
outros, un dos irmáns dun dos presos executados na Sangriña que
emocionado e con bágoas nos ollos, afirmaba que Camposancos está no seu
corazón e no da súa familia. "Camposancos será recordado pola
solidariedade e a humanidade cos presos", asegurou o historiador e
codirector de Memorial de Camposancos aos presentes que ateigaban
o salón de actos do Casino que se fixo pequeno para acoller a cantos
quixeron acudir a presenciar este documental que se pode adquirir
solicitándoo a José A. Uris Guisantes.



Nas tres
fotografías de arriba recóllese a importante presenza de público que
asistiu á proxección

José
Antonio Portela presentando o acto e agradecendo a presenza dos
asistentes

José
Ballesta salientou que Camposancos non quedará na memoria como un lugar
de dor, tamén é símbolo de esperanza, solidariedade e humanidade cos
presos no campo de concentración

José
Antonio Uris, estudoso dos acontecementos de Camposancos que aportou
datos ao historiador, con quen aparece na imaxe, para facer Memorial
de Camposancos

Ambientando o Salón de Actos do Casino de Camposancos había varios
paneis nos que se espuxeron copias de documentos e de fotografías de
persoas que tiveron relación cos feitos sucedidos no colexio dos
Xesuítas

Os
asistentes interesáronse polo material esposto

Uris
esplianco a tumba, que sempre ten frores, dun mozo asasinado en
Camposancos, e que se atopa no cemiterio desta parroquia

Un grupo
de persoas atende con interese as explicacións de José Antonio Uris
Guisantes
Agosto,
2008 |