g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

 

Na Revolta

"Al punto": primeiro traballo discográfico

  

  

“Na Revolta” editou o seu primeiro traballo discográfico co título “Al punto”, un directo gravado no Centro Cultural

Na primavera de 2001 xurdía na Guarda o grupo “Na Revolta”, aínda que ata o 3 de agosto non faría a súa primeira aparición en público, no auditorio de San Bieito, co gallo das Festas do Monte de aquel ano.

Os seus compoñentes xa compartiran algún tipo de experiencias no ámbito musical, pois como acostuman decir, a maior parte do grupo procede da escola de María Asunción, onde comezaron con “Semente Nova”.

Miguel, Iván, Elena, Xurxo, Silvia e Diego, reuníanse nun recuncho do porto da Guarda, coñecido como a Revolta, para facer música e compartir un tempo de amizade. E alí, na Revolta,  xurdiu Na Revolta.

As datas vanse sucedendo e o calendario proprio vaise enchendo de acontecementos cos que se escribe a historia deste grupo Folk.

Agora mesmo parte desa historia está en “Al punto”, o primeiro traballo discográfico desta formación, feito en directo, para disfrutar cos amigos, pero sobre todo “este disco, ao igual que o concerto no que se gravou, está adicado a un dos nosos compoñentes. Con el só queremos deixar constancia desta fase que se pecha para Na Revolta; e qué mellor forma de facelo que gravando a nosa música nun concerto cheo de amigos e bos momentos”. Porque amigos foron cantos se reuniron no Centro Cultural, o 26 de abril para compartir a gravación, e amigos foron, tamén, os que subiron ao escenario para colaborar neste primeiro traballo discrográfico. Alí estiveron Nacho, coa pandeireta e a voz; Moncho Sabariz e Mauri, da Banda Negra, cos bombos; Eduardo, e tamén Toñi Santos, no teclado, Javi coa acordeón, e o grupo de pandereteiras de Xamaraina.

O resultado dese encontro está recollido en “Al punto”, gravado por Fran Álvarezm afás o tema "Jigas" que foi no Estudio “Sin Ton nin Son’ de Elías Domínguez. Son de Eduardo Gonçalves e Fran Álvarez. Fotografía de Carlos Álvarez e antón Ferreira; vídeo de Fran Estévez e Enrique Vicente.

Entre os temas que se poden escoitar en “Al punto”, só por citar algún, mencionamos “Agachadiño na freixa”,  “Quinne fae Rhinie”; "Con silvas”, “Entre o millo”, “Pasadobre ‘la’, e Mestizaxe. Este primeiro disco está na rúa desde o pasado 3 de agosto e os interesados poden solicitalo a calquera membro de “Na Revolta”.

A seguinte reportaxe recolle a actuación de "Na Revolta" durante as festas de San Queitano.

Agosto, 2008