g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

A obra de Rosa Otero

A pintora rosaleira, Rosa Otero, levou a súa obra ao Centro Cultural en cuxa sala pódese ver unha mostra da máis recente producción desta artista que se formou en Francia. Diferentes técnicas, tamén distintas temáticas, fan posible a obra de Rosa Otero quen divide a exposición en catro apartados: contemporánea-acríclica; Arte deco (acrílico sobre lenzo e mixto),  e Arte figurativa, óleos e técnicas mixtas. 

Ao acto inaugural (sábado, 26 de xullo), asistiron os concelleiros de Servizos Sociais, Teresa Vicente Baz, e de Patrimonio, Javier Crespo González.

Javier Crespo congratulouse de contar con esta mostra de pintura e lembrou que as salas que a acollen coñeceron xa un amplo pase de artistas nas diferentes especialidades plásticas que dan vida a este espazo.

Asegurou noutro momento o concelleiro de Patrimonio, que a sala do Centro Cultural seguirá sendo un espazo aberto para acoller as manifestacións artísticas de cantos precisen do mesmo para darse a coñecer.

Pola súa banda Rosa Otero, que se presentou como veciña do Rosal, de Couselo, agradeceu a resposta que obtivo do concello para poder traer a súa obra á Guarda.

Ata o vindeiro 31 de xullo, de luns a venres, de 9 a 15h e 19.30 a 21.30h, e o sábado, de 10 a 13h, poderase visitar no Centro Cultural esta exposición.

Síntese biográfica

Rosa Otero Alvarez naceu no Rosal, aínda que na actualidade reside en Morette, Francia.

Comezou coa pintura a raíz dunha convalecencia na que a súa terapia consistía en expresar  os seus sentimentos a través da pintura, traballando con distintos materiais e dándolles diferentes formas.

Chegando un día ao taller foi cando descubriu que aquilo lle motivaba, quería intentalo e demostrar o que podía facer.

Iniciándose con acrílico cada vez nun estílo novo e ampliando o curriculum dos materiais que ía utilizando, comenzando coa madeira e o xeso.descubrindo definitivamente a súa paixón e os motivos de exprimir a súa forma de vida.

A raiz deste impulso púxose en contacto con asociacións de clases de pintura, naíva, figurativo en acrílico e óleo.

Máis tarde tivo contacto cunha persoa francesa coñecida en pintura de abstracto e arte contemporánea con quen actualmente traballa en proxectos conxuntos de exposicións.

 

Xullo, 2008