Padres Somascos
Clausura actos 50 Aniversario
seguinte
O domingo, 22 de xuño, coa presenza do bispo de Tui-Vigo,
José Diéguez Reboredo, clausuráronse os actos do cincuenta aniversario
da chegada desta orde á Guarda, cunha misa cantada maxistralmente pola
Agrupación Coral da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, e
acompañada ao órgano por Fernando Sequeiros, organista do Coro Clásico
de Vigo.
O acto relixioso foi cooficiado por once sacerdotes,
entre eles o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga; o Pai Xeral,
Franco Moscone, o Pai Provincial, e exprofesor do colexio, Joaquín
Rodríguez, o Superior do Colexio San Fermín de Caldas de Reis, que o
vindeiro ano tamén celebrará o 50 aniversario, Pai Carlos Moratilla; o ex director
do colexio da Guarda, Pai Jesús Vicente Varela, e o actual director do colexio, Pai
Airas. Entre o público que enchía
o patio cuberto, profesores e exprofesores, algúns foron partícipes nas
lecturas relixiosas coma Jorge Varela e Puri Álvarez. Tamén se reuniron
nesta celebración alumnos e exalumnos, e fieis
en xeral que quixeron compartir este acto relixioso coa comunidade
somasca.
Antes da celebración eucarística, o
Pai Airas agradeceu a presenza do bispo neste acto así como a do P.
Xeral, Franco Moscone, e a do párroco, Jesús García Villadóniga.
Noutro momento manifestou que
era "motivo de alegría especial, a
presenza dos nosos irmáns, Pais Somascos; sei que otros no puideron vir,
pero están espiritualmente connosco".
E agradecendo, tamén, a presenza de pais e alumnos quixo dar "as máis
efusivas grazas, á Comisión do 50º aniversario, polo seu traballo e
dedicación", lembrando, en tono xocoso "que xa nos veremos moi pronto
para celebrarlo cunha cea".
E reservou para o
final o agradecemento á coral polifónica, que calificou coma "a nosa
coral", á que dedicou uns versos de Fray Luis de León, tomados da oda
dedicada ao seu amigo Francisco Salinas, catedrático de música na
universidad de Salamanca.
Ao remate do oficio
relixioso, o Pai airas entregou una figura de Sargadelos, reproducindo
unha gamela, ao Pai Carlos, adiantándose aos actos do 50 Aniversario do
colexio San Fermín, e deseguido, mentres a Agrupación Coral da Guarda
cantaba o “Aleluia” de Häendel, que sonou de xeito espectacular, o bispo,
Diéguez Reboredo, o Pai Airas, e do Pai Xeral, Franco Moscone,
achegáronse a un lateral do patio, para descubrir unha sinxela placa que
recordará este acto do 50 Aniversario, cedéndolle o bispo o honor de
descorrer o lenzo que a cubría ao Pai Xeral.
Rematou este acto cun
viño servido no ximnasio do colexio.



















seguinte