galiciasuroeste

Recreo Artístico Guardés

 

 

117 Aniversario

R.A G.

seguinte

 

Antes de comezar o espectáculo, como presidente do Recreo, e representando a todos os socios, pido que todos, postos en pé, brindemos un forte aplauso na memoria deses dous Gardas civís asasinados por ETA ai uns días en Francia.

A Nosa repulsa e condena á banda terrorista ETA, e o noso pesar aos familiares de Raúl Centeno e Fernando Trapero, co maior desexo de que sexan os últimos asasinados.

(O público, posto en pé brindou un prolongado aplauso na memoria dos dous Gasdas Civís asasinados pola banda terrorista ETA).

 

Saúda e Benvida do presidente, Anselmo Martínez Pena

 

Donas e cabaleiros, ¡boas tardes para todos!

En primeiro lugar moitas a gracias a todos os socios, beneficiarios dos mesmos e invitados que nos honrades coa vosa presencia para celebrar, un ano máis, esta festa aniversario do Recreo Artístico Guardés, e xa son 117.

Cada ano que pasa estamos máis obrigados a loitar para que o Recreo sexa unha institución que por si soa, pola súa historia, pola súa transcendencia neste pobo da Guarda se converta nun referente para outras sociedades pois chegar a 117 anos de vida, non cabe dubida que  non é doado, polo tanto moito tiveron que ver todos socios e directivos que nos precederon.

O momento actual para o Recreo non é máis que unha continuación da súa historia. Non podemos dicir que estamos nun momento malo. Vimos de sufrir estes dous últimos anos unha crise delicada, en canto  que tivemos que superar unha etapa desagradable, porque alguén nos trabou un pé e nos tirou ó chan, esa caída non foi máis que un reto, como tantos outros, que o Recreo superou gracias a súa masa social que SEMPRE está aí nos momentos delicados. Iso é a mellor vitamina que podemos meter ao corpo para non desfalecer e que calquera directiva que se encontre nun momento crítico saiba  que detrás dela están a maioría dos socios que aínda que sexa co silencio están apoiando aos dirixentes actuais. Foi así ao longo da historia e contamos que sexa tamén no futuro.

Cada vez que se celebra un aniversario, é unha obriga lembrar as anteriores xeracións tanto de socios como de directivos. Recordalos con todo respecto e admiración, pensando que todos eles fixérono como mellor souberon, e todos eles foron deixando algo positivo para que nestes intres poidamos gozar  desta sociedade e dun patrimonio que á vista está e é digno de todos nós.

Temos unha historia de 117 anos. Historia que  afortunadamente, dende o ano 1890 ata o 2005, está reflectida en dous libros escritos por Joaquín Miguel Villa Álvarez. Ninguén mellor que el para facer un recorrido a través dos anos pasados e descubrir páxina a páxina todo o acontecido nesta sociedade que, se te paras a leela irás camiñando pola realidade do Recreo ano tras ano e seguro que encontrarás páxinas que te farán reflexionar, e outras farante sentir identificado,ÉE por iso polo que recomendo a todos os socios, e non socios, estes dous libros que Miguel Villa escribiu con toda obxectividade sobre a historia desta sociedade.

Facemos estas xuntanzas de socios, neste caso, aproveitamos o aniversario, para darnos a coñecer, falar entre nós, darnos conta que somos do mesmo pobo e que a penas nos relacionamos. En definitiva, intentamos espertar o animo de comunicarse en sociedade. Vamos camiñando cara a un baleiro social moi preocupante. Falámonos tan pouco os veciños que xa nin nos coñecemos. Vivimos xuntos pero tan separados que soamente coñecemos a eses personajillos que saen a diario na TV. Moi a miúdo dicimos isto de: ¡Cada un anda ao seu!

Podemos andar ¡cada un ao seu!, pero tamén podemos dedicarnos un pouco máis a convivir co veciño sen entremeterse  un na vida doutro. O que hoxe esteamos aquí todos xuntos, non deixa de ser un acto social, que nos une e que nos fai gañar un terreo que nos pobos se vai perdendo, e que nas cidades perdeuse moito máis xa que alí ninguén se coñece.

Con ese animo facemos todas as xuntanzas durante o ano e queremos que cada vez sexamos máis os que decidamos dicirlle ao socio que teñamos ao noso lado algo como: “¡Encantado de coñecerte!, vivimos a menos de 200 metros e é  este un momento alegre por dedicarnos unhas palabras e recuperarte como un veciño coñecido”.

É impresionante como en poucos anos cambiamos a nosa vida de pobo pequeno xa que, si antes todos nos coñeciamos, todos nos falabamos ou como mínimo intercambiabamos o saúdo, agora nin unha cousa nin a outra. Vamos camiño de perder para sempre uns valores que  case todos recoñecemos que é unha pena perdelos, pero deixámonos escorregar sen a penas facer unha pouca de forza para conservar aquelas convivencias sociais, que sen lugar a dúbida eran mellores cás de agora. (Niso estamos todos de acordo)

 Para axudarnos todos e recuperar algo do de antes, estamos facendo no Recreo varias veces ao ano xuntanzas coa intención de relacionarse un pouquiño máis entre nos. Espero que o Recreo recupere  parte do seu potencial como sociedade e se converta para todos nós como un sitio no que ao visitalo nos axude a coñecer á xente, falar con un e con outro e irnos coñecendo un pouco máis como veciños que somos dun pobo bastante pequeno.

Sen máis, termino como cada aniversario agradecendo a todos os socios e directivos anteriores e tamén, desde xa, o agradecemento para toda a xente nova que esperamos que entre a formar parte do Recreo para así asegurar a continuidade desta Sociedade a cal necesita de xente nova para irse reciclando.

 Remato, recordando que xa temos moi cerca os bailes de Nadal, Ani Novo e Reis.  Ánimo a todos e a disfrutalos.

Tamén recordo que en xaneiro o día 13 domingo temos a Asemblea Xeral Ordinaria. Cantos máis asistamos moito mellor para a sociedade.  Nesta Asemblea  hai puntos moi interesantes  a debater. Estades todos invitados a pasar un domingo falando ou escoitando o que pasa no Recreo.

 Moitas gracias a todos por escoitarme con tanta atención.  Moitas gracias.

 

O público asistente

seguinte