Reunión da Xunta Consultiva do
Parque Natural do Monte Aloia
Reportaxe A. Ferreira/ANABAM
Orde do Dia
dos asuntos tratados na reunión da Xunta Consultiva do Parque do Monte
Aloia celebrada o 3 de xullo de 2008
1º/ Lectura e aprobación da
acta da sesión plenaria celebrada o 24 de maio pasado.
2º/ Aprobación do
Regulamento de Réxime Interior da Xunta Consultiva.
3º/ Informe do Plan Reitor
de Uso e Xestión do P.N. do Monte Aloia.
4º/ Lectura de escritos.
5º/ Rogos, preguntas e
proposicións.
En representación dos
grupos conservacionistas estivo Agustín Ferreira, presidente de ANABAM.
A sesión
discurriu con total normalidade. Ao remate da mesma, os asistentes
achegáronse ata un dos miradores do Parque onde contemplaron unha
panorámica da que se pretende sexa a futura ampliación do Parque: a
Serra do Galiñeiro.

De esquerda
a dereita, comezando polo presidente do Parque, Pedro Arbolí Albarracín
(con xersei amarelo); o director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé
Bento Reza Rodríguez; o director do Parque, Gonzalo Puerto Arribas.

Entre os presentes nesta
xuntanza, estaban o alcalde de Tui, Antonio F. Rocha, e a alcaldesa de
Tomiño, Sandra Alonso

No centro, a
delegada provincial de Patrimonio e a dereita dela, con xersei azul, o
axente do Parque Natural e secretario da Xunta Consultiva, Manuel
Lorenzo; a súa dereita, con gafas, o delegado de M.A. Juan Francisco
Froján

En primer termo, á dereita, o crego, don Ricardo. A
silla baleira corresponde a Agustín Ferreira, autor das fotos
Xullo, 2008