Luns, 30 de xuño de 2008
A Guarda celebrou a
XIII Festa do Roscón de Xema, e I Mostra do Comercio, Industria e Hostalaría
do Baixo Miño
seguinte

A Guarda inaugurou, o sábado, a XIII Festa do Roscón de
Xema, e I Mostra do Comercio, Industria e Hostalaría do Baixo Miño,
organizadas por Ábaco, que continuarán o domingo, con unha presenza
importante de público, este segundo día, e máis escasa, quizais polas altas
temperaturas que se rexistraron, o domingo.
Presentados os oradores
por Roberto Ledo, fixo uso da palabra, en primeiro lugar, o presidente da
Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios, José Ángel Gándara,
quen recordou que o colectivo que preside recuperou, fai tres anos, esta
celebración que se fai acompañar agora dunha mostra do sector empresarial da
comarca que cumpre un soño e que desexaban os expositores, que en número de
35 danse cita nesta primeira edición. “Esta mostra”, dixo Gándara, “nace coa
intención de ser un referente dinamizador do sector comercial e do turismo
do Baixo Miño, unha oportunidade máis que nos une nun proxecto común e
reforza a nosa identidade”, para engadir noutro momento, que a mostra e a
degustación do roscón de xemas son froito “do empeño e entusiasmo dos 35
expositores que aquí se atopan, e dos pasteleiros que nos dan o seu apoio”.
Nunha breve intervención, José Manuel Nogueira Durán,
director da comarca do Baixo Miño de Caixa Nova comprometeu o seu apoio “a
todas as iniciativas que supoñan o desenvolvemento cultural, económico e
turístico desta vila”.
José Bangueses, presiden do Foro Galego, felicitou a Ábaco
polas moitas actividades que está realizando para dinamizar o comercio
local.
E Guillermo Campos Piñón, que foi o pregoeiro nesta edición,
recorreu á teoría de Darwin para explicar a orixe e a evolución do roscón de
xemas que se iniciou, literariamente, cos primeiros habitantes da Guarda,
antes aínda da presenza dos castrexos, e sempre por casualidade. Durante a
súa intervención tivo tamén palabras para o l de xuño, Festa da Lagosta, que
se celebrará o próximo fin de semana, e o peixe espada, que organiza ORPAGU,
o 27 de xullo.
José Manuel Domínguez Freitas pechou a quenda de
intervencións con referencias a citas gastronómicas doutras localidades que
chegan a ser, dixo, un referente principal desas poboacións, como sucede na
Garda co roscón de xemas, sabendo os confiteiros que
é o seu reclamo estrela, que para moitos que nos visitan é case obrigado
levar un ou varios.
Cualificou a I Mostra do Comercio, Industria e Hostalería do
Baixo Miño, como un intento moi serio de potenciar os sectores económicos
básicos da comarca, para engadir que tamén o concello está colaborando con
cantas iniciativas se promoven para que os nosos comercios e industrias
crezan. Dixo que o equipo de goberno está buscando alternativas para
aparcadoiro e humanizando as nosas rúas, urxindo ao mesmo tempo a outras
administracións para que sexa
unha realidade, canto antes, o parque industrial.

Chegan as autoridades e persoeiros ás proximidades da carpa

Roberto Ledo, director de Vigometropolitano, presenta o acto e aos oradores

José Ángel Gándara Rodríguez, presidente de Ábaco, dirixíndose ao público

A xornada do sábado caracterizouse pola elevada temperatura. Un parasol
protexía aos oradores na tribuna

José Manuel Nogueira Durán, director da comarca do Baixo Miño, de Caixanova

Asistentes ao acto inaugural na mañá do sábado, día 28 de xuño

José Bangueses, presidente do Foro Galego do comercio, que se ten achegado á
Guarda en distintas ocasións, para participar nos eventos organizados desde
Ábaco

O alcalde da Guarda silentou, no seu discurso, o apoio institucional aos
eventos que promocionan a Guarda, apoios moitas veces máis morais que
económicos, pois, como dixo nalgunha ocasión "os recursos son os que son",
en alusión as limitacións presupostarias dos concellos

Guillermo Campos Piñón, pregoeiro da Festa do Roscón na súa edición 2008,
fixo un canto a este saboroso doce nunha mestura literaria e evolucionista
con altas doses de inventiva histórica, recreando a orixe deste doce antes
de que os castrexos ocupasen o Santa Trega

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, corta a cinta, abrindo o
acceso ao recinto de degustación e feiral
Autoridades e personalidades visitan os stands da I Mostra do Comercio,
Industria e Hostalaría do Baixo Miño








seguinte