g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

 

horizontal rule

A Guarda coa Selección

seguinte

 

 “A Guarda coa Selección”, nunha pancarta do concello

Como en toda Galicia, ou en toda España, A Guarda celebrou o triúnfo europeo da Selección Española. Na carpa que acolleu a XIII Festa do Roscón instalouse unha pantalla para seguir as incidencias do encontro que enfrontou a España e a Alemaña, creándose un ambiente propicio ao entusiasmo popular, onde ondearon bandeiras, soaron bombos e houbo euforia que se exteriorizou, aínda máis, no Monumento ao Mariñeiro que se está convertendo no centro das celebracións das masas.

Días antes no concello colocouse unha gran bandeira coa lenda “A Guarda coa selección”. Escaparates, fiestras, coches, tamén as caras e as pálpebras, serviron para acoller as cores da bandeira e para esquecer, por unhas horas, todo o que non tivese que ver co fútbol.

Soaron as bocinas e os aceleradores dos coches; ondearon pola ventanillas as bandeiras; cantouse "a por ellos". Foi, a do domingo, unha noite especial que se prolongou máis alá da media noite.

 

Antes do partido

O partido na carpa de Ábaco (Fotos Gándara)

  

Despois do partido

seguinte