Mercado Solidario
Inauguración Carpa
seguinte
Coa
presenza dos alcaldes da comarca e representantes de distintas
asociacións e colectivos que traballan no eido da integración, así como
usuarios destes colectivos, o 8 de agosto inaugurouse a carpa do Mercado
Solidario, un proxecto conxunto das asociacións San Xerome, Avelaíña e
Vontade que promove a integración social e dá a coñecer a súa actividade
e o traballo que se realiza nos talleres ocupacionais de cadansúa
asociación. Precisamente un dos obxectivos da carpa será facilitar
a presenza destes colectivos nas feiras, festas e mercados coa
producción dos talleres.
A adquisición da carpa contou cunha
subvención
da
Deputación,
a
colaboración de todos os concellos do Baixo Miño
e a aportación das propias asociacións.

A carpa
de Mercado Solidario instalouse no Paseo Marítimo

Representantes das administracións locais do Baixo Miño, Deputación
Provincial e das asociacións que traballan no eido da integración social

Directivos de Avelaíña, San Xerome e Vontade durante o acto inaugural

Alcaldes
e concelleiras de Servizos Sociais da Guarda, Tui, Tomiño e O Rosal

Público
no acto inaugural. Á dereita, as concelleiras de Servizos Sociais de Oia
e do Rosal

Membros
da Comisión de Festas do Monte e de Érguete Baixo Miño xunto a usuarios
das asociacións Vontade, San Xerome e Avelaíña

Visitando o stand e conversando co director de
Alento, Asociación de Dano
Cerebral de Vigo

Stand
de Alento

Stand de
"Azul e Lila"

Variedade de obxectos de artesanía ofrecíanse no Mercado Solidario

Outro
dos postos de venda presentes do 8 ao 10 de agosto no Paseo Marítimo

O
alcalde de Tui, Fernández Rocha, animouse a tocar un instrumento de
percusión senegalés


Interior da carpa con algúns dos obxectos que se
podían adquirir
seguinte