g@lici@suroeste

índice           www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Presentación Libro PP Somascos

seguinte

O sábado, 12 de xullo, foi presentado no Salón dos Espellos do colexio dos PP. Somascos, o libro que recolle a historia desta orde na Guarda. Escrito polo historiador Joaquín Miguel Vila Álvarez, e co título Colegio PP. Somascos de A Guarda (1957-2007). 50 años de presencia somasca en España”, ao acto asistiron profesores e ex profesores deste centro, representantes de distintos colectivos culturais e empresariais e público en xeral. Na mesa de intervencións, o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas; o representante da Comisión do 50 Aniversario do colexio dos PP. Somascos, Juan Carlos Flores Álvarez, o Pai Vidal, e o autor, Joaquín Miguel Villa Álvarez.

Interviu en primeiro lugar o Pai Vidal, coa súa peculiar palabra, non exenta de humor, e a característica brevidade do discurso, para presentar aos oradores.

Juan Carlos Flores Álvarez explicou as caraterísticas técnicas e formais do libro que estaba a ser presentado. Ten, dixo, 500 páxinas e 550 fotografías, superando en case o dobre ás estimacións que se fixeran: 300 páxinas e outras tantas fotos, "pero a gran cantidade de material fotográfico do que dispoñiamos", dixo, "e de acontecementos que había que reflectir no libro levou a este tamaño".

Noutro momento redeiruse ao "sistema novedodo de distribución do libro, que foi a reserva.venda anticipada, que nos permitía axustar a tirada definitiva final", xa que, engadiu, é difícil saber cantos libros se poden editar e cal vai ser a súa acollida polo que "un libro destas características e deste columen, non podiamos arriscar". Malia ás dúbidas que se plantexaron ao utilizar este sistema de venda sen ter aínda o libro, o interese cundiu "e foi un éxito total: porque en reserva anticipada vendéronse sobre 400 exemplares". Dado o número de páxinas que presenta, o seu prezo no mercado podería rondar os corenta euros, sen embargo, para os que confiaron na súa publicación antes de editarse e o aboaron durante o periodo de venda anticipada, o seu prezo foi de 15 euros, e de 20 para todos aqueles que desexen adquirilo, pero que non tiñan reserva feita.

A continuación foi José Manuel Domínguez Freitas que tomou a palabra, falando como alcalde e como mestre. Recordou os seus no colexio dos Pais Somascos, como alumno de Bacharelato; e citou algúns dos profesores que tivo, entre eles ao Pai Orestes Caimotto do que dixo que destacaba polo "Ánimo, a fortaleza e o énfase" que poñía no que facía. Con el, engadiu noutro momento, "acabáronse os temidos exames por libre", e calificouno como unha autoridade en francés.

Lembrou como coincidencias da vida, que "no curso 1977-78 fun destinado como mestre ao antigo Manuel Rodríguez Sinde, e como non había aulas suficientes, estabamos esparecidos por toda A Guarda: a mion tocoume o edificio dos Alonso, onde antes estiveran os Somascos. Anos máis tarde, no 99 e 2000, tocoume negociar co bispado a edificiación do inmoble para o concello. Agora tócame xestionar a súa conversión en nova Casa Consistorial".

E referíndose ao libro e a quen o escribiu, Domínguez Freitas dixo "que o autor do libro sexa Miguel Villa Álvarez é unha garantía de rigor, porque como historiador que é, moi bo historiador diría eu, non deixa nada á improvisación", para facer referencias á lectura amena e agradecida da producción do hisotirador.

Grazas a Miguel Villa, dixo noutra referencia ao autor, "coñecemos xa moitas cousas do noso pobo (...) e grazas a el coñeceremos agora mellor a historia somasca na Guarda".

E pechou  a quenda de intervencións o autor, aínda que antes o Pai Vidal ofreceu un datos biográficos de Joaquín Miguel Villa, nado na Guarda en 1967, doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2001), entre outros títulos. Especialista na emigración galega a Puerto Rico e á República Dominicana, cuxa investigación deu lugar a súa tese "Los gallegos de Puerto Rico, 1821-1963", cualificada con Sobresaínte cum Laude.

Alumno, primeiro, e profesor máis tarde no colexio dos PP. Somascos da Guarda, continúa a súa función coma mestre e invetigador.

O autor fixo unha síntese do libro Colegio PP. Somascos de A Guarda (1957-2007). 50 años de presencia somasca en España”, que comenzou en 2007 coa consulta de canta documentación posuían tanto o colexio como particulares ou institucións.

O libro consta de seis capítulos que foi debullando Vila Álvarez, desde o capítulo primeiro ata o que pon remate ao libro, contándonos, pois, as orixes da Fundación Alonso e o patrimonio logrado; as distintas etapas polas que pasou o colexio, marcadas polas distintas direccións, desde a do P. Luis Bassignana, nunha época d ecarencias, pero que se supliron co entusiasmo deste Somasco que fundaría en España os colexio de Caldas de Reis, un ano despois que o da Guarda, polo tanto en 1959, e o colexio Apóstol Santiago de Aranjuez (1961).

O segundo director, o Pai Orestes Caimotto, loitou por elevar o nivel de educativo. Foi recoñecido co título de Fillo Adoptivo da Guarda e recibiu a Cruz da Orde de Afonso X o Sabio .

O capítulo IV correspóndese coa dirección do P. Luis Figone. Estase implantando no sistema educativo español a Educación Xeral Básica.

No capítulo V lémbrase ao director P. Federico Fausone. Foi o ano no que o colexio expeimenta o maior boom. Implántase o preescolar, o Bacharelaro Unificado Polivalente e se se ordena o primero, e ata agora, único sacerdote da historia do centro da Guarda, o asturiano P. José Luis Montes Fernández, que se iniciara como novicio na casa dos Alonso. Pola súa iniciativa crearíase a Asociación San Jerónimo Emiliani, para discapacitados.

O capítulo VI é o da dirección do Pai Jesús Vicente Varela Faílde, calificada por Villa Álvarez como unha das etapas nas que se viviron momentos contraditorios e se pasou por verdadeiros apuros que puxo en perigo a continuidade do colexio, que non podía competir co instituto público que comezaba na Guarda no curso 1985-86 a impartir o Bacharelato Unificado Polivalente.

O capítulo VII corresponde á dirección do P. Joaquín Rodríguez Romero. Coincide con cambios no sistema educativo español, e vanse iniciar as reformas do edificio do colexio para adatalo a nova lei.ç

O capítulo VIII vai ser o da dirección do Pai José Antonio Nieto Sepúlveda. Desaparece o bacharelato do centro, por ser economicamente inviable impartilo, pero se creará unha gardería. Con Nieto Sepúlveda o colexio cambia a imaxe interior: plantas, esculturas, restauración de mobles e un longo etcétera, dan outro aspecto a salas e espacios.

Remata o libro co capítulo IX, dedicado ao actual director, o Pai Ángel Luis Airas Rodríguez, etapa que se caracteriza pola estabilidade, sen grandes cambios nin momentos de crise.

Manolo Coedo, ex profesor do colexio dos PP. somascos, acompañado da súa dona

Juan Carlos Flores e Joaquín Miguel Villa facendo algún comentario do contido do libro

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, conversando co Pai Vida

Pilar Álvarez, concelleira socialista no concello do Rosal, e o seu marido, directivo do da Liga

Emilio Alonso Freiría, coa súa dona. Foi secretario da Asociación de Cabezas de Familia da Guarda na que época de vixencia desta institución

Xoán Martínez Tamuxe, investigador e ex profesor do colexio dos PP. Somascos. Á esquerda a súa dona

Asistentes á presentación do libro que recolle a historia dos PP. Somascos na Guarda

seguinte