g@lici@suroesteíndice www.galiciasuroeste.info 800X600 pixeles (recomendado)
|
|
A exposición “Tintas Galegas” en Tui rende homenaxe a Álvarez Blázquez Reportaxe: Beti Rey
Un home que pensaba, segundo explicaba o seu fillo na inauguración, que os pobos son libres se son cultos, e loitaba por lograr ese obxectivo. Expor na súa cidade natal era un dos seus desexos, xa que “aquí pasou os felices anos da súa infancia ata que chegou a longa noite de pedra” dicía Javier Álvarez-Blázquez. El tomou a palabra en representación de toda a familia que acudiu con nutrida representación ao acto inaugural.
Previamente tomaba a palabra Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia que deu lectura a un texto que preparou xunto ao propio Álvaro Álvarez Blázquez para a inauguración desta mesma exposición en Vigo no ano 2003. Explicou coma foi Celso Emilio Ferreiro quen iniciou a Blázquez no mundo da serigrafía, da que aprendeu as primeiras nocións en Madrid, e na que profundizou logo en Vigo ao topar un anuncio no que se ofertaban “clases de serigrafía antes de partir cara Arxentina”. A súa técnica perfecionouna posteriormente en París e Barcelona, e chegou a ser o primeiro técnico galego en serigrafía.
O seu
labor foi tremendamente importante na popularización da arte galega sacándoa da
situación de “invisibilidade” na que se atopaba. Co pintor Virxilio iniciou os
primeiros traballos que longo
Dicía Bragado que a exposición que onte foi inaugurada é por parte do Concello de Tui “un xusto exercicio de memoria e autoestima” e tamén “á mellor homenaxe a Don Álvaro”.
Por último tomou a palabra o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, quen amosou a súa satisfacción por participar na inauguración da mostra indicando que “actos coma este fan xustiza”, eloxiando amais o importante labor “que esta familia ten realizado na cultura galega”. Mencionou amais que dende o Concello trabállase para aproximar aos cidadás ás distintas manifestacións artísticas. Abriu a porta a futuras colaboracións coa familia Álvarez Blázquez e desexou que entre todos “fagamos o posible para que non volva haber unha longa noite de pedra”.
O acto inaugural foi un dos máis numerosos dos celebrados na Sala de Exposicións Municipal de Tui, congregando non só a numerosos tudenses, senón tamén a artistas e persoas relacionadas co mundo da cultura, amais claro está da propia familia Álvarez Blázquez.
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia dando lectura a un texto que preparou xunto ao propio Álvaro Álvarez Blázquez para a inauguración desta mesma exposición en Vigo no ano 2003
Outro momento da intervención de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia
Javier Álvarez-Blázquez. El tomou a palabra en representación de toda a familia
O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, amosou a súa satisfacción por participar na inauguración da mostra
Febreiro, 2007
|
|
|