As prediccións meteorolóxicas que avanzaban maruxías
para a noite do luns ao martes, motivou un movemento inusitado de
embarcacións na tarde de onte no porto da Guarda. Os gameleiros e
propietarios de embarcacións de recreo procederon a retirar os barcos do
porto e trasladalos ao varadeiro da lonxa, nuns casos, e noutros,
levalos ao río.
É a consecuencia dun porto que carece de seguridade
para as embarcacións e para o que se ten reclamado, aos distintos
gobernos da Xunta, que se realicen obras que eviten a entrada dos mares
do suroeste e aseguren as embarcións fondeadas.