|
|
Polbo á feira e filloas en
La
Casa de la Abuela
Polbo á feira e filloas para saborear
tamén os domingos na Guarda

En tempos de crise hai que
aguzar o inxenio. Eso é o que fixo “La Casa de la Abuela”, na rúa Calvario, da
Guarda, cunha iniciativa que busca repetirse cada último domingo de mes. Polbo á feira e
filloas da terra, son os ingredientes que buscan dinamizar a xornada dominical
nun vello barrio anexo ao Camiño Portugués da Costa, e preto da Praza e capela
da Virxe da Guía.
Chegada de Lugo, concretamente
da “Pulpería Lor”, e seguindo a tradición do polbo á feira, Carmen elaborou un
exquisito e saboroso polbo, cuxa preparación foi agradecida polos comensais que
degustaron, logo, as filloas de Paco, experto nesta arte que iniciou a súa
andaina nesta sobremesa hai catorce anos, nunha Festa da Arriba, en Baiona, como
un encontro entre amigos, pero cuxo éxito chegou a convertilo en profesión.
Daquela pedra luguesa, na que se facían filloas de forma rectangular, típicas da
norte galego, pasou ás máis tradicionais do sur galaico, de forma circular. E
aquela única pedra converteuse, máis tarde, en
catro, de dobre oco. Preto dunha hora precisan as pedras para se
quentar nun interior; que se traducen en hora e media no exterior, dependendo do
aire que corra neses intres.
Carlos e Felisa esmeráronse,
unha vez máis, para agradar e atender aos clientes que paseniñamente foron
achegándose a esta iniciativa que promete. O día 13 de febreiro, nova cita co
polbo e as filloas na rúa Calvario.
















|
|
O colexio S. José HH. Carmelitas celebrou o Día da Paz
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|