|
|
53 Acampada Nacional
As rúas máis
céntricas da Guarda foron o escenario do desfile de traxes rexionais que
tico lugar o Xoves Santo, 21 de abril, e cuxos protagonistas foron os
campistas que se atopan na Guarda participando na 53 Acampada Nacional.
Ataviados cos traxes
típicos das distintas comunidades de España, e tamén con presencia
portuguesa, o desfile iniciouse na Alameda pouco despois das 11.30 horas,
precedidos polos alumnos do grupo de baile de Elena Baz portando a enseña da
Acampada. Neste desfile participou tamén o grupo de gaitas da Terceira Idade
e Pensionistas da Guarda.
Desde a Alameda o
desfile achegouse ata o auditorio de San Bieito, seguindo as rúas Galicia e
Concepción Arenal. Neste espazo de lecer o alcalde da Guarda, José Manuel
Domínguez Freitas; a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez,;
o vicepresidente da Deputación, Chema Figueroa, e distintos representantes
da FECC e da homónima portuguesa, recibiron aos participantes no desfile
realizándose, tamén, un intercambio de obsequios.
O alcalde da Guarda
agradeceu que un ano máis se organizase na Guarda este encontro, desexou que
a súa estadía nesta localidade fose do agrado dos campistas e pediulles que
fosen portavoces do excelente trato que, sen dúbida, recibirían nesta vila.
Lembrou a importancia do turismo para esta vila como estímulo económico e
agradeceulles esa aportación que sen dúbida a súa presenza fará nos
establecementos da localidade.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Títeres
en
Amorín
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|