|
|
Acción Costeira no Forum Gastronómica de Girona
(Espaderos Guardeses)
O Grupo de Acción
Costeira Ría de Vigo - A Guarda está presente no Forum Gastronómico de
Girona

O Grupo de Acción Costeira Ría
de Vigo - A Guarda está participando no Forum Gastronómico de Girona, que
comezou o pasado domingo, día 20, e remata hoxe, mércores.
Ademais de promocionar os produtos dos socios do GAC 7
no seu stand, o domingo realizouse unha degustación dos productos da nosa
zona. En concreto degustáronse volandeira, ameixa fina, navalla e peixe
espada.
A volandeira e as navallas foron aportadas pola
Confraría de Pescadores "San José" de Cangas; as ameixas pola Asociación de
mariscadores "Pedra da Oliveira" de Vilaboa, e o peixe espada pola
Asociación de Espadeiros Guardeses, da Guarda.
A preparación dos pratos correu a cargo do cociñeiro
Taky.
A este acto acudiu a Televisión Española.
O luns, 21 de febreiro degustouse nun taller do Forum
choco da Confraría de Pescadores "San Juan" de Redondela.




|
|
Recoñecemento ao Mérito Deportivo
no Rosal
Índice reportaxes 2010
Reportaxes
dos lectores
Se desexa incluír unha reportaxe
comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|