28/03/2011

     

    

Inauguración da Aula da Natureza

Muíño das Aceñas (O Rosal)

Reportaxe Luis Dorado e M. Ángel Pombal

seguinte 

  

O Rosal conta coa primeira aula da Natureza do Baixo Miño

                O Concello do Rosal e a asociación conservacionista ANABAM, inauguraron o pasado sábado, 26 de marzo, a primeira Aula da Natureza do Baixo Miño coa asistencia dunhas 75 persoas que arrouparon o acto. A Aula é o resultado final da recuperación e posteriores reformas efectuadas no antigo muíño das Aceñas, na marxe do río Tamuxe, e a un quilómetro da confluencia deste río co Miño. Unha exposición permanente con paneis informativos e outros interactivos, amosan diferentes aspectos relacionados co medio ambiente e a natureza, particularmente do entorno próximo ao río Tamuxe. A aula, vai ser destinada a centro de información, a impartir cursos de natureza, á educación ambiental e  visitas guiadas, entre outras propostas. Preténdese que este verán funcione diariamente e no resto do ano se destinará a eventos concretos, programación de visitas e cursos. Con este son tres centros que hai no Baixo Miño: un no Parque Natural do Monte Aloia, dependente da Xunta de Galicia; outro na Guarda, a Estación Ornitolóxica e esta Aula da natureza do Rosal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

seguinte 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Cine en

"A noite

máis curta"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com