29/06/2011

     

    

Clausura do Curso de Pandereteiras da A.C.G

 

Clausurado o Curso de pandereteiras impartido pola Agrupación Cultural Guardesa

 

            Nas dependencias da Agrupación Cultural Guardesa, ubicadas no antigo colexio Rodríguez Sinde, clausurouse, o 27 de xuño, o Curso de pandereteiras impartidas por este colectivo. No acto de clausura, ademais das alumnas e profesoras, participou a presidenta deste colectivo cultural, Julia Sobrino, quen agradeceu o interese demostrado polas alumnas para manexar este instrumento musical tan arraigado nas tradicións do pais.

            Julia Sobrino explicou que o curso, que comenzou en outubro de 2010 e rematou en xuño, realizouse os luns, a partir das 21 horas, e tivo dúas seccións: unha de perfeccionamento, coa asistencia de seis pandereteiras, e outro de iniciación con 15 persoas, todas mulleres agás un neno.

            A idea de realizalo, explicou a presidenta, partiu de Merce Domínguez, quen o propuxo, e malia ao exceptismo  de Julia Sobrino, quen pensaba que non reunirían xente suficiente para impartilo, asumiu que a realidade foi distintas ao que presaxiaba. Asegurou Julia Sobrino que “as alumnas puxeron moito interese no curso”, e calificou de “algo espectacular, sendo eu a primeira sorprendida”.

            O curso contou, como profesoras, con Sandra Diéguez, e a venezolana Mayra Lunar, cofundadoras do grupo “Traspés” ao que seguen vinculadas.

            Hay que engadir que, trala clausura, algunha alumna pediu que este tipo de formación musical continuase, adiantando Julia Sobrino que o curso se reiniciaría entre o 19 e o 26 de setembro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Club Remo Miño: medallista no Campionato de España

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com