30/12/ 2010

     

    

Chocolatada de ACIGU

     

 

            O patio do colexio dos PP. Somascos volveu centrar, na tarde do 29 de decembro, outra das actividades organizadas por ACIGU co gallo das Festas de Nadal. Neste caso acolleu a Chocolada, acompañada de rosca, coa que o colectivo de empresarios guardeses obsequiou aos moitos clientes dos establecementos asociados que se achegaron a este espazo co correspondente tique para recoller a ración correspondente.

            Persoal técnico da asociación, coa presidenta de ACIGU, Carmen Mª García, ao fronte, encargouse de repartir as racións, chegándose a esgotar a rosca sendo necesario repoñer novas unidades deste exquisito produto elaboradas por establecementos que forman parte de ACIGU.

 

 Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Traballadores

do mar

fórmanse no DEA

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com