31/05/2011

     

    

Homenaxe a Aida Lomba Márquez

   

Aida Lomba Márquez recibiu unha emotiva homenaxe das Letras Galegas por parte da Agrupación Cultural Guardesa

 

            O Centro Cultural da Guarda centrou a homenaxe que a Agrupación Cultural Guardesa rendeu a Aida Lomba Márquez, poetisa a quen este ano o colectivo guardés dedicou o día das Letras Galegas.

            O acto celebrouse o 27 de maio cunha gran afluencia de público, sendo presentado por Manuel Santos que adiantou o programa que ía ter lugar no Salón de Actos e lembrou as personalidades homenajeadas a nivel galego, Lois Pereiro, e na comarca, a mencionada poetisa guardesa.

            A parte musical estivo nas cordas do Grupo antorcha, dirixido por María José Baz, quen tamén musicou unha das composicións de Aida Lomba, “Monte Santa Tecla”,  publicada no primeiro poemario da poetisa “Después del letargo” (2003).

            Acto seguido subiron ao escenario a presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, Julia sobrino; a vicepresidenta, Ángela Vicente Lomba, que se encargou de presentar a Chuny Vázquez, poetisa guardesa quen biografiou a Aida Lomba Márquez, lembrando aspectos da súa nenez e mocidade; o matrimonio, os fillos, a enfermidade e a ilusión que desde moi nova tivo por escribir. Julia Sobrino dedicou, tamén, hermosas palabras para a poetisa guardesa.

            José Crespo, amigo persoal de Aida Lomba Márquez, tivo tamén unhas palabras nas que destacou a calidade da poesía de Aida e lembrando aquel primeiro poemario que viu a luz no ano 2003. Recordou tamén a procedencia da amizade, a raíz dunha exposición que Javier José Crespo presentaba no mesmo Centro Cultural no que recibía a homenaxe Aida.

            Pechou o acto das Letras Galegas 2011 a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, quen tamén tivo emotivas palabras para a homenajeada.

            Finalmente foron entregados distintos agasallos aos participantes neste acto e a placa que recordará esta homenaxe á poetisa guardesa.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Curso de Relaxación da A. Veciños de Amorín

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com