|
|
Alarma por posible naufraxio
Reportaxe: Agustín Ferreira
En torno ás oito da mañá do domingo (11 de
setembro), un pescador deportivo que estaba no Puntal, praia de Camposancos,
na desembocadura do Miño, observaba unha embarcación no mar sen tripulación
polo que de inmediato deu aviso ao 112, poñéndose en marcha o operativo de
salvamento. Un helicóptero sobrevoou a zona. Por sorte, pouco máis tarde a
alarma baixou de intensidade pois puido comprobarse que se trataba dunha
embarcación que estaba inicialmente amarrada en Camposancos e que, por
algunha causa, quedou se ammares, arrastrándoa as correntes do río, por mor
da baixada da marea, ata o mar. O pescador deportivo puido arrastrala ata os
rochedos onde quedou barada ata que, posteriormente, foi remolcada cunha
lancha novamente ata o Pasaxe. Á iso das 11 da mañá deuse por concluída a
operación.






 |
|
Exposición na Casa Taller (a Casa Azul Turquesa)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|