27/06/2011

     

    

A Guarda floreada

  

 

Amaneceu o domingo con recendos de eucalipto, de café, de sal, de flores. Amaneceu A Guarda coas rúas polas que pasaría a procesión "Do Señor", coloreada de azuis, de vermellos, de verdes, de amarelos, de brancos, de ocres. Amaneceu A Guarda con imaxes: xeometrías, paisaxes, xentes.

A Praza do Reló, as rúas de Ignacio Sobrino, Oliva, Hernán Cortés (calle do Medio), primeiro tramo de Malteses, A Ribeira e Concepción Arenal, foron o efímero lenzo na que ducias de mans de todos os tamaños, de distintas idades: novas e non tan novas; foron capaces de crear unha obra de arte que centos de ollos percorreron desde que os artistas axeonllados no chan comezaron a crear unha obra colectiva que tiña moito traballo e moitas horas previas detrás.

Locen de forma diferente as alfombras florais segundo desde onde se miren. Desde o chan preséntanse imaxes alongadas, pero é desde a altura cando se descubren verdadeiramente os deseños mantidos, ata a noite do sábado, en segredo.

Na rúa Concepción Arenal recordábase a Rodrigo Estévez, quen durante 20 anos, entre 1989 e 2009, cando finou, deseñou a alfombra que se fai neste tramo. Unha homenaxe na que se recompilaron algunhas das alfombras realizadas baixo a súa dirección. Unha vela de cera (1993) iniciaba a alfombra; unha gamela, fronte a un dos altares, reproducía un deseño de 1996; Unha man desfollando (2004), a concha peregrina, no lateral da igrexa conventual de San Bieito (1999), e unha vidrieira con gamela (1995) foron algúns dos temas seleccionados. Os fillos, a muller, e moitas mans anónimas participaron neste recordo.

 

 Otra forma de ver el reportaje: hacer click en la imagen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Las Samaritanas clausuran el curso de técnicas de relajación

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com