|
|
Concerto de Gustavo Almeida no Art Café

O Art Café, na Praza
do Reló (A Guarda), ofreceu aos seus clientes e amigos un novo concerto,
nesta ocasión coa voz e a guitarra do brasileiro, nado en Río de Janeiro,
Gustavo Almeida quen, por segunda vez, e logo de dous anos, voltou a este
espazo.
Comezou cunha
composición de Sabina, para seguir a propia vea creativa, acompañado,
nalgunha das súas melodías, polo público que asistiu ao concerto.
Pero o cantautor
brasileiro non estivo só no escenario porque tamén subiu ao estrado o
andaluz José Antonio Delgado, que interpretou “Zamba para esperar”, e a dúo
con Gustavo Almeida esa preciosa “Echo de menos”, con aires sureños, que
arrincaron os agradecidos aplausos dos asistentes.
Gustavo Almeida ten recompiladas
en dous discos algunhas das súas composicións. En 2005 publica “Por si me
escuchan” e, en 2008, “Cabaña” (2008).














|
|
Tui le,
os libros
na praza
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|