|
|
XVI Travesía a Nado Porto da Guarda
Organizado nesta edición polo
concello da Guarda, coa colaboración de distintos colectivos, o porto da
Guarda acolleu a XVI Travesía a Nado Porto da Guarda. Foi o 6 de agosto
nunha mañá climatolóxicamente desapacible, sobre todo pola choiva, que malia
elo, non impediu a celebración da proba, aínda que reduciu a participación
xa que dos máis de 120 inscritos, atrevéronse coa cita 82 nadadores.
Os paraugas fixeron, antes e
durante a proba, acto de presenza. Augas frías, menos que na edición de hai
un ano, e colaboración de entidades como a Confraría de Pescadores, Club de
Remo Roblaeira, Lois e Telmo, entre outros colectivos que velaron pola
seguridade dos nadadores.
O concelleiro de Deportes,
Javier Crespo, e o alcalde, José Manuel Domíngurez Freitas, participaron
actividamente nas tarefas de control e seguridade da proba que se
desenvolveu sen ningún incidente e dentro das previsións da organización.
(Listado
de Gañadores)
(Orde
de Chega: 1.500 metros)
(Orde
de chegada: 400 metros)
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto


 |
|
Homenaxe
a Feliciano Rolán
en 1985
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|