28/02/2011

     

    

Festival 30 aniversario S. Xerome

Centro San Xerome

   

Festa - Convivencia das familias, alumnos, colaboradores  e profesionais do Centro San Xerome

            O domingo, 20 de febreiro, celebrouse no Auditorio de Goián un encontro  lúdico – festivo  das familias, alumnos, colaboradores  e profesionais do Centro San Xerome, co gallo do 30 aniversario da creación do Centro.

            Neste ”macro – festival” houbo  diferentes actuacións  artísticas, nas que os únicos protagonistas foron os usuarios do San Xerome, amosando as súas capacidades profesionais,   artísticas e deportivas.

            O programa iniciouse ás 6 da tarde cunha coreografía de Josué Alvarez, seguindo cunha obra de teatro do grupo Xeratrium “Saturday night” dirixida por Irene Moreira de Xerpo  Cultural,  a  continuación entregáronse os diplomas aos integrantes do Club Deportivo,  rematando a primeira parte coa actuación dun grupo de rapaces do Sector pre laboral  do  San Xerome e do IES A Sangriña coordinados pola profesora do IES Susana Salvador. Durante o descanso, e no exterior do Auditorio, actuou o grupo de percusión coordinado por Victor Fuggetto, degustándose chocolate e lambetadas ofrecidas pola ANPA.

            A segunda parte iniciouse coa proxección dun Video clip,  dirixido por Víctor Fuggetto e  Leo Cividanes, seguindo coas actuacións  de Pepe Bargiela e Jona Gómez. Máis tarde tivo lugar a entrega dun diploma – homenaxe  os 10 usuarios do Centro que xa estaban no ano 1981.  O 2º  grupo de Josué Alvarez fixo unha  demostración dunha clase aberta, e o grupo Xeratrium puxo en escena a obra “Vias paralelas”. Rematou o Festival cunha nova actuación co 2º grupo de percusión, dirixido por Víctor Fuggetto, no exterior do Auditorio.

            A presentación do Festival correu a cargo de Enma e Braulio das Unidades educativas do Centro, coordinados por Samuel de Xerpo Cultural. O longo da tarde houbo proxeccións de imaxes e pancartas alusivas  os 30 anos de historia do Centro.

            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Candidatura BNG ás eleccións municipais da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com