|
Inauguración V Mostra Teatro
Reportaxe
Juan Ramón/concello do Rosal
seguinte
O Auditorio
Municipal do Rosal acolleu a inauguración da V Mostra Teatro do Miño
O
xoves 28 de abril tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a inauguración
da V Mostra Teatro do Miño.
Comezou o acto coa proxección de varios vídeos relativos a anteriores
edicións e á mostra deste ano.
O
monologuista Benito Guerreiro foi o primeiro en actuar, dando a benvida aos
asistentes cunha “entrada silenciosa” no salón, de “puro teatro”, afirmando
que “para isto hai que nacer”, facendo curiosas alusións precisamente ao
momento do seu nacemento e infancia, explicando tamén en que consiste para
un personaxe, para un actor, estar enriba do escenario.
Os
presentadores do evento, Pilar e Óscar, foron os encargados de ler o
programa e anunciar os distintos grupos que actuarán nesta V Mostra Teatro
do Miño.
A concelleira
de Cultura, Charo Tabales Perozo, agradeceu a presenza no Rosal da alcaldesa
de Tomiño, Sandra González e a de algúns concelleiros da corporación
rosaleira, entre os que se atopaban, Mª Carmen Alonso, Pablo Flores Díaz,
Mabel Franco Pérez, Luis Giráldez Álvarez e Mª del Pilar Álvarez.
Así mesmo Tabales Perozo quixo felicitar a todos os participantes nesta
Mostra -foran ou non seleccionados- pola súa dedicación, esforzo e sobre
todo porque o fan sen beneficio económico algún. Recoñeceu tamén a edil de
Cultura o traballo do xurado, pois “ao ter obras tan boas é moi difícil a
selección, avaliando moitos aspectos como argumento, montaxe, vestiario…”
Rematou a súa intervención animando a asistir ás diferentes sesións teatrais
da fin de semana, felicitando aos organizadores deste evento, a Asociación
Cultural Feixó Araúxo, que “dá mostras evidentes de que se supera a si mesma
ano tras ano, e isto só pode ser a base de cariño e moito, moito traballo”.
O
peche deste acto estivo a cargo do Grupo de Percusión da Banda da Agrupación
Musical do Rosal que interpretou tres pezas que foron moi aplaudidas polo
público.
Todas as obras desta V Mostra Teatro do Miño poderán verse en Goián
(Tomiño), O Rosal e A Guarda durante a fin de semana e ata as 21:30 horas do
domingo 1 de maio, que será o acto de clausura.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

seguinte
|