10/08/2011

     

    

XXV Aniversario Coro Arpegios Cantabile  

 

 

Aplausos. Máis aplausos. E aínda máis aplausos. Así podería resumirse o éxito da convocatoria do Coro Arpegios Cantábile que celebrou, na parroquial de Santa María da Guarda, o Concerto do 25 Aniversario coa presenza de preto de catrocentas persoas que ocuparon a totalidade das bancadas das naves de Santa María e amén do coro. Outras tiveron que seguir o concerto de pé e mesmo desde a entrada do templo parroquial.

            Presentou o acto o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, lembrando os comezos do coro Arpegios e aos que o fixeron posible. Antes de cada actuación, fixo unha semblanza dos respectivos participantes que foron recibidos polo público, entre os que se atopaban o alcalde da Guarda e as concelleiras de Turismo e Muller, así como unha representaclón da Comisión das Festas do Monte, cos correspondentes aplausos de cortesía, pero que, como dixemos ao comezo, foron de auténtica aprobación logo de cada interpretación.

            Abriu o concerto a Rondalla Antorcha, dirixida por María José Baz, que tamén foi solista neste encontro musical.

            Diego Fernández Rodríguez, pianista, interpretou ao piano “Sacro Monte (Dazas Gitanas)”, de J. Turina. A voz especial chegou nesta ocasión da Mezzo Soprano Miriam Valado Montero, acompañada ao piano por Diego Fernández. Un placer e un honor escoitala para cantos se congregaron neste Aniversario.

            E chegou o turno do Coro Cantabile, baixo a dirección, primeiro, de Lucía Alonso Castro, e nunha segunda parte, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez, para interpretar “O Danubio Azul”, co acompañamento, á frauta, de Laura González Portela e ao piano, de Lucía Alonso Castro.

            O Concerto de Aniversario do Coro Arpegios Cantábile rematou co “Canto á Guarda”, letra de Chuny Vázquez e música do fundador do coro, José Luis Lorenzo Rodríguez.

            A entrega de agasallos e recordos pechou esta cita musical que serviu de homenaxe a esa etapa que vai de 1986 ao 2011 dun coro que deu, e volve dar, sona á Guarda.

  

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración

das Festas

do Monte

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com