Ábaco entregou os premios do
tradicional concurso de tarxetas de debuxo de Nadal

O pasado mércores, 19 de xaneiro, tivo lugar na oficina de
‘Ábaco’ a entrega de premios do tradicional concurso de tarxetas de debuxo do
Nadal 2010, organizado por esta asociación e, nesta ocasión, tamén por
Mercaguarda.
Na categoría de 10 a 12 anos o gañador foi Carlos S.A.. de 11
anos cun orixinal debuxo empregando moito imaxinación, séndolle entregado o
premio polo presidente de Mercaguarda, Saúl Treinta.
A única nena gañadora, Sara B. A. de 7 anos, e que participou na
categoría de 6 a 9 anos, reflectía no seu debuxo un diferente Papá Noel
descendendo cun paracaídas. O premio foille entregado polo presidente de Ábaco,
Angel Baz, na compaña de Saúl Treinta.
Ángel Baz tamén entregou o premio a Héctor G.L. de 5 anos, por
un debuxo no que Papá Noel se transforma nun polbo do
mar.
Foron moitas as tarxetas recibidas o que fixo moi difícil
a elección dos gañadores, pero o importante de todo é participar e sobre todo
que os nenos disfrutasen e se sentisen a gusto.





