17/08/2011

     

    

Recepción a mozos australianos en Tui

Reportaxe: Beti Rey

 

O alcalde Tui avanza a celebración en tres anos do segundo aniversario do nacemento do bispo Salvado, mentres o bispo australiano pide a súa beatificación

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, presidiu o pasado sábado a recepción oficial a 150 mozos australianos celebrada no salón de plenos da Casa do Concello de Tui. O acto contou coa presenza doutros membros da corporación, e no mesmo deuse cita tamén o bispo da Diocese de Tui-Vigo, Monseñor Quintiero Fiuza e ou bispo de Perth Donald Sproxton.

Moisés Rodríguez abriu o acto dando a benvida aos mozos en inglés, e sinalando que pese a distancia que existe en Tui e Australia hai unha serie de vínculos comúns, sendo un deses vínculos a figura do pai Salvado. Nese senso avanzou que o concello está preparando xa o que será o segundo centenario do nacemento deste bispo tudense que se celebrará dentro de tres anos.

Sobre esa celebración o bispo australiano manifestaba que ese aniversario do pai Salvado é moi interesando para eles avanzando que eses actos poden facer que volva a Tui para disfrutalos cos tudenses.  Puxo de relevo o bispo  a importancia do pai Salvado en Nova Nursia, onde está o seu corpo, que se ten convertido en punto de peregrinación. Aproveitaba a ocasión para solicitar que sexa recoñecido o heroicismo deste tudense e que sexa beatificado como santo.

Por último o bispo de diocese de Tui-Vigo, Monseñor Quinteiro Fiuza, agradeceu ao alcalde e a corporación o recibimento brindado a estes mozos de Australia. Puxo de relevo un comentario feiro polo bispo Sproxton que reparou en que a sancristía da Catedral de Tui é igual a de Nova Nursia, grazas seguramente a intervención do pai Salvado.

No transcurso do acto o alcalde de Tui agasallou ao bispo australiano cunha placa conmemorativa do acto escrito en inglés, e a todos os mozos foron entregadas pañoletas co lema Tui, porta do Camiño Portugués.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festa da

Piragua

en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com