|
|
Festa dos Avós na Guarda
Máis de 500 avós e avoas
acudiron o domingo, 10 de xullo, á Festa dos Avós organizada polo club da
Terceira Idade coa colaboración do concello da Guarda.
Este encontro de maiores
celebrouse, como vén sucedendo nas tres últimas edicións, na carpa do porto
e comezou coa música de “Trío Sabor”, que logo dun primeiro percorrido
musical cedeu o micrófono ao presidente do club Jesús quen agradeceu a
presenza dos maiores nesta festa aínda que fixo unha chamada de atención ás
mulleres para que se presenten á convocatoria de Raíña e Damas de Honor da
Terceira Idade, desfilando o sábado do Monte.
Deseguido tomou a palabra
o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, que lembrou a importancia dos
avós nas familias, e animounos a manter a alegría entre eles. Valorou o amor
no matirmonio relatando unha emotiva anécdota dun home que non quería chegar
tarde á cita coa súa muller, recollida nun centro xeriátrico, aqueixada de
Alzheimer: “Ela hai cinco anos que non me coñece, pero eu si que a coñezo a
ela”, resumen ese sentimento.
E como en anos anteriores,
volveu cantar o párroco unha rancheira para todos os maiores.
Posteriormente subiron ao
escenarioRosalía Giráldez Álvarez, que será a Raíña da Terceira Idade nas
Festas do Monte, e as Damas de Honor: Elvira Pérez Martínez e Mª Luisa Cuíña
López, a quen lles impuxeron as correspondentes bandas recibindo cadanseu
ramo de flores.
O turno foi, a
continuación, para o humorista Pepe Suevos, que divertiu ao público cos seus
monólogos, nalgún dos cales converteu en protagonista ao propio párroco da
Guarda.
O alcalde, José Manuel
Domínguez Freitas, que estivo acompañado polas concelleiras Montserrat
Magallanes Álvarez, Carmen Mª Castro e Tere Baz, dirixiu tamén unhas
palabras aos presentes.
O poeta José Piñeiro
Trillo, que veo desde Guillarei, recitou dous poemas da súa autoría,
aplaudidos polos presentes, e volveu subir ao escenario o “Trío Sabor”, ao
tempo que os avós e avoas foron obsequiados con rosca, biscoito e sidra.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
María José Baz
cantó
en una
boda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|