11/05/12

     

    

Os escolares da Guarda descubren e homenaxean a

Jorge Barbi

 

Escolares da Guarda renden homenaxe a Jorge Barbi e “interpretan” a súa obra nunha exposición colectiva

            No Centro cultural da Guarda clausurase hoxe a “interpretación” que os escolares dos colexios Sinde, Solanas e A Sangriña realizaron, dentro do proxecto de Normalización Lingüística, da obra plástica de Jorge Barbi, coa que os alumnos, pero tamén moitos profesores, descubriron a este artista da Guarda, quen previamente realizou unha visita a un dos centros educativos para conversar cos alumnos.

            O 10 de maio os escolares acudiron ao Centro Cultural para ver a obra realizada no seu conxunto. Os xoves “artistas” esperaban atopar a Jorge Barbi na mostra, pero unha gripe impediulle acudir a esta cita na que tamén participou Marita Alonso, nai de Jorge Barbi quen lembraba que xa desde moi neno se dedicaba a xogar con pedriñas e facía composicións que adiantaban o futuro daquel neno nado en 1950. E engadía que “me escribía cartas con muchos dibujos”, tiña xa de neno, recorda Marita Alonso, una predisposición para as artes plásticas.

            E tamén ilustraba a nai do artista os momentos que o polifacético Jorge dedica a arte “no silencio, en contacto coa natureza, na soedade...”.

            Algúns dos profesores manifestaban a pegada que deixou nos alumnos, “e en nós mesmos, a presenza de Jorge Barbi no cole. A súa modestia, as súas palabras”. E aínda aquel inicial e educado “rexeitamento” a pensar nel por parte da comunidade escolar “hai albaneis, carpinteiros que merecen unha homenaxe máis que eu” ou aquel ánimo dedicado aos cativos “en cada un de vós tedes un artista”.

            Jorge Barbi foi o personaxe elixido nese proxecto no que participan os tres centros de primaria e as escolas unitarias da Guarda e que s einiciou o pasado ano con Alicia Alonso e continuará descubrindo, en vindeiras edicións aos pesonaxes que forman parte da xente máis cercana a nós.

 

Para ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Cooperativa

Escolar no

mercadiño de Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com