09/12/2011

     

    

Tino xa ten praca de seu na rúa Malteses

   

Unha praca recorda a casa na que naceu o cantautor local Tino Baz

 

            O cantautor guardés Tino Baz xa ten a súa propia praca na casa onde naceu. Os amigos do Condado, Maribel Rocha Gil e Luis López Rodríguez, novos propietarios da casa agora recuperada polos restauradores Manuel Lorenzo Gillade, “Eléctrico”, e Benedicto Fontán Gillade, quixeron deste xeito homenaxear a TinoBaz nun acto no que participaron familiares e amigos e no que non faltou a música con Xavier Martínez, á gaita; Maximino Souto, co bombo, e Angie Dopazo, coa caixa.

             A casa natal de Tino Baz, atópase nunha das máis antigas rúas da Guarda con lenda propia, a rúa Malteses. Trátase dunha vivenda típica do barrio mariñeiro guardés, que non chega aos tres metros de ancho, das que aínda quedan algúns ejemplares que restaurar no lugar, aínda que a mayor parte delas xa perderon as características propias da vivenda tradicional mariñeira.

            Como explicaba un dos restauradores, Manuel Lorenzo, o reducido espazo obriga a non desperdicialo con lugares mortos como corredores ou zaguáns, de modo que se consigue axeitar cada un dos andares da casa para conseguir o máximo proveito.

            A fachada, na que salienta a pedra encintada, e o interior, onde o protagonismo o leva a madeira, converten a vivenda nun recuncho acomodado onde se “vive” a calor do fogar con reminiscencias antergas.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Iluminación

de Nadal

en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com