08/02/2011

     

    

Día do bocata no colexio S. José-HH. Carmelitas

Reportaxe Mª José Glez Álvarez

  

Como cada ano no mes de febreiro  celebrouse no Colexio S. José  o “Día del ayuno voluntario” máis coñecido como “Día do bocata”. Este ano a cita tivo lugar o luns, día 7.

Os alumnos (dende 3º primaria ata 4º E.S.O)  e profesores que o desexasen, quedáronse a xantar no colexio, despois das clases da mañá.

Ao mesmo tempo aportaron unha cantidade simbólica ( 2 € ) coa que pretenden, entre todos, axudar a recadar fondos e contribuír así co  proxecto que Manos Unidas leva a cabo para reducir a mortalidade infantil e a desnutrición no mundo.

Con este xesto séguese profundando na formación humana dos  alumnos, espertando neles o sentimento de solidariedade coas persoas que sofren e pasan fame no mundo.

Despois do xantar houbo xogos e actividades lúdicas para todos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Partido

Sp. Guardés-Chapela

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com