07/07/2011

     

    

Ábaco presentou as bolsas biodegradables

 

No centro da fotografía, Ángel Vaz, presidente de Ábaco, cos remeiros do Club de Remo Robaleira

 

Ás 20:30 horas do 6 de xullo, no Monumento ao Mariñeiro, situado no Porto da Guarda, a presentación das bolsas biodegradables por parte da Asociación Ábaco, organización que quixo homenaxear ao Club de Remo Robaleira dedicándolle parte das mesmas ao colocar o logo do club nunha das caras, e os triúnfos logrados neste ano 2011. En féminas: o Club de Remo Robaleira logrou o Campeonato Galego de Bateis, así como o de España, quedando 3ª no Campeonato Galego de Trainerillas.

Na categoría masculina os éxitos viñeron dados polo 2º posto no Campionato Galego Infantil de bateis, e o 3º logrado no Camopionato de España Infantil de bateis.

30.000 son as bolsas que distribuirá Ábaco, segundo explicou o presidente do colectivo Ángel Baz, quen engadiu que para a súa adquisición contaron cunha subvención da Consellaría de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio.

Tódolos socios de Ábaco teñen a súa disposición estas bolsas de camiseta grandes e medianas, totalmente gratuitas.

 

2º posto no Campionato Galego Infantil de bateis

 

3º posto logrado no Camopionato de España Infantil de bateis

 

Club de Remo Robaleira logrou o Campionato de España de Bateis

 

Club de Remo Robaleira tamén conseguiu o Campionato Galego de Bateis

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

O último

tren a...

Valença?

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com