|
|
2011. Ano Internacional dos Bosques
Reportaxe: Milo Baz
Cunha deficiente publicidade que
levou a que o acontecementos pasase case desaparcibido, organizado polo
Ministerio de Medio Rural y Medio Marino, celebrouse no porto da Guarda, o
pasado 28 de xuño, unha xornada que co título “2011. Ano Intrernacional dos
Bosques”, estivo dedicada a “As paisaxes do Baixo Miño. Coloquio fluvial”,
que tiña como obxectivo a promoción e difusión das paisaxes forestais e
fluviais desta comarca. Ás dez da mañá abríronse as xornadas coa exposición
“A paisaxe do Baixo Miño forma parte de ti e cambia contigo”; entre as 12 e
as 19.15 horas houbo pasarrúas; de 18 a 19.30 horas tiveron lugar, logo das
correspondentes presentacións, as ponencias e un coloquio, e de 20 a 21.30
horas, celebrouse unha mesa redonda aberta e deuse conta das conclusións da
xornada.
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Festas da Lagosta
2 e 3 de xullo (A Guarda)
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|