|
|
X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños
Reportaxe: Gemma Álvarez, Alejandro e Sergio
López
seguinte
Éxito de
participación na X Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños

Eran as 10:30 horas,
cando nunha fermosa mañá do primeiro domingo desta primaveira comezaba a X
Edición dos “Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” dende o parque de Circos, en
Pazos de Reis, en Tui. Alí podíase apreciar xa que esta edición sería
especial, pola cantidade de xente que se deu cita, que, coas súas pancartas,
vestidos de muiñeiros/as, comezaban a amenizar esta X Edición cos seus
cantos.
Mentres, no Muiño da
Ponte todo estaba xa preparado, gracias a tódalas persoas, veciños deste
entorno e arredores, encabezados por Alberto Romero, Benito, Carlos,
Angustias, Irma, Olga e demais persoas que dende as sete da mañá non
pararaban de traballar nos últimos detalles, para que todo saíse a
perfección; elas dedicadas os labores da cociña, preparando as papas, bica e
chourizos; e eles as castañas, e demais traballos para que todo estivese
perfecto. Ademais nesta X Edición estreábase un novo palco, despois das
obras realizadas este ano.
Queremos
destacar que todo foi un gran éxito tanto de asistencia coma de
organización. Era a primeira vez que esta romaría se celebraba na primavera,
cando dende o seu comenzo sempre tivo lugar no outono. Centos de persoas ían
acercándose ás inmediacións do Muiño da Ponte do sendeiro do río Tripes e no
que pudieron disfrutar dun día fermoso en contacto coa natureza.
Primeiro tocaba
degustar as papas de millo para quentalo corpo, mentras se observaba como
Alberto “Romer” nos obsequiaba cunha demostración de como funcionaban os
muiños da Devesa. Despois viñeron as castañas e o viño do país, mentres se
escoltaba a actuación do grupo folclórico Muiñeiros do Río Tripes. Deseguido
tocou o turno para as carreiras de sacos e outros xogos populares para os
máis cativos. Tamén tivo lugar, coma outros anos, o concurso do mellor
traxe de muiñeiro e muiñeira, partida de brisca e outros xogos e
actividades.
Xa preto do mediodía
tódolos alí presentes deron bo recado dos chourizos á brasa xunto coa bica e
pan de millo. Para finalizar viñeron os obsequios para os gañadores dos
diferentes concursos celebrados ao largo deste día.
Dende a Asociación
“Muiñeiros do Río Tripes”, queren agradecer a tódolos veciños que co seu
esforzo, pudieron facer que esta edición se poidese levar a cabo, ao
Concello de Tui, a Mancomunidade de Montes de Randufe e Entidad Menor de
Pazos de Reis, as casas comerciais, medios de comunicación, prensa,
facendo especial mención a Antón Ferreira de
www.galiciasuroeste.info
e os reporteiros fotográficos, Genma Álvarez e Alejandro e Sergio López.









seguinte
|
|
Cándido Pazó
no auditorio
de Goián
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|