|
|
Campus de Verán de fútbol na Mata (O Rosal)
Reportaxe: Juan Ramón Martínez Barbosa
O Rosal será unha das sedes do Campus de verán 2011 da Fundación Celta de
Vigo
O Estadio Municipal de A Mata (O Rosal) converterase na
semana do 18 ao 23 de xullo nunha das sedes do “Campus de Verano 2011.
Fundación Celta de Vigo”, xunto coa propia cidade olívica, Narón, Santa
Cruz, Ponteareas, Marín, Xinzo, A Estrada, Moraña, O Barco, Melgaço,
Allariz, Oroso, Ares, Carballiño e Cee.
Recentemente tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do
Rosal a presentación oficial do Campus de Verano 2011, que estivo a cargo da
responsable da Fundación Celta de Vigo, Carmela Cuevas, o concelleiro de
Deportes do Rosal, Pablo Flores Díaz e o porteiro da primeira plantilla
céltica, Yoel Rodríguez.
Tamén asistiron a este acto –entre outros- a tenente de
alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso Alonso, representantes da Peña Celtista
Baixo Miño, así como directivos da U.D. Ribera.
Carmela Cuevas, presidenta da Fundación Celta de Vigo,
organizadora do evento, destacou que o obxectivo fundamental deste Campus “é
que os nenos fagan deporte e se divirtan practicando o xogo do fútbol con
monitores altamente cualificados”.
Pola súa banda, o novo edil de Deportes, Pablo Flores,
agradeceu á Fundación o contar co Rosal para este proxecto, agardando sexan
moitos rapaces e rapazas as que se apunten ao Campus e “sobre todo que
disfruten desta experiencia”.
Finalmente pechou as intervencións, o cancerbeiro do Celta de
Vigo, Yoel Rodríguez, quen tamén animou aos máis pequenos a participar neste
tipo de iniciativas deportivas, destacando que “os vai a axudar a crecer
como deportistas e como compañeiros e por suposto farán moitos amigos”.
Para realizar a inscrición ou para máis
información poden chamar ao teléfono 902 104 404 ou ben, entrar na web
www.fundacioncelta.com
Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

|
|
Fogueiras de San Pedro en San Caetano
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|