|
|
Xogadores do Canal F.C. de Cabo Verde visitan
A Guarda
Xogadores da Canal F.C. de
Cabo Verde visitan A Guarda enfrontándose a distintos equipos da comarca

Recepción oficial na Casa do Concello
Desde o pasado 3 de xuño está na
Guarda a expedición do club de veteranos Canal F.C., da illa caboverdiana de
San Vicente, que chegan a esta localidade por mediación do que consideran
“embaixador” guardés na illa, o armador do palangreiro “Kevin”, Carlos
Dacunha (Futre), que como outros moitos espadeiros guardeses fai base en
Cabo Verde, e que dada a súa presenza habitual na illa, forma parte tamén do
equipo do Canal.
24 homes e 4 mulleres forman parte
desta expedición que o 6 de xuño foron cumprimentados polo alcalde da
Guarda, José M. Domínguez Freitas. Ata o día 13 permanecerán nesta
localidade onde Canal F.C. xogou cun combinado de veteranos da Guarda; hoxe
enfrontaranse a un equipo de Oia, o xoves farano contra outro do Rosal; o
sábado será contra o Goián e o domingo volverán xogar, ás once da mañá, na
Guarda, finalizando a súa estancia nesta localidade.
Desde o día 13 e ata o día 17, en que
regresarán a Cabo Verde, aproveitarán para visitar a familiares repartidos
pola xeografía galega, segundo explicou o portavoz do equipo, João Pires (Johnny)
quen recordou que a orixe do conxunto está no ano 1975, cando todos eles,
que hoxe contan entre os 35 e 50 anos, eran aínda uns rapaces que se reunían
para practicar o balompé en distintos equipos ata que decidiron crear o seu
propio club, no que tamén milita un alemán que sente integrado na illa.
Segundo explicaron Domínguez Freitas e
João Pires, existe interese por parte do presidente da Cámara de San
Vicente, Augusto César Neves, de establecer un protocolo de colaboración
entre o concello da Guarda e a mencionada illa, dada a importamncia que
aquel porto ten para a flota guardesa onde fan base distintos palangreiros
da nosa localidade.

Ao fondo, o concelleiro de Deportes, Javier Crespo; o
alcalde, José M. Domínguez Freitas, e Carlos Dacunha, armador que trouxo á
Guarda aos xogadores do Canal







 |
|
Desfile do
Traxe Galego
na Guarda
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|