18/07/2011

     

    

Procesión da Virxe do Carme na Guarda

    

 

            A Guarda honrou á Virxe do Carme, o 16 de xullo, cunha asistencia masiva de fieis, unhas 1.500 persoas, na procesión e misa posterior, presidida polo bispo da diócese, Luis Quinteiro Fiúiza, e na que dez nenos e nenas, dos preto dos cincuenta que este ano fixeron a Primeira Comuñón, recibían por vez primeira este sacramento.

            Nos actos relixiosos participaron tamén a maior parte da Corporación da Guarda (PSOE, PP e CG) presidida polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas;  colectivos sociais e económicos, coma o patrón maior da Confraría de Pescadores e a presidenta de ACIGU, e unha representación da Garda Civil e da Mariña, entre outros.

            O bispo, na súa homilía, lembrou a devoción á Virxe do Carme, a fe que profesan os mariñeiros a esta advocación, lembrou aos ausentes por distintas circunstancias, e trala Salve Mariñeira, cantada pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda, que recibiu os parabéns de Quinteiro Fiúza, animou o bispo a non esquecer este emotivo canto.

            Trala celebración da Misa solemne, foi depositada nas augas do porto a tradicional Coroa de Flores, homenaxe do mundo do mar aos desaparecidos, regresando a imaxe, en procesión, á parroquial de Santa María.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

  

El Caballero

de Olmedo (Univ. Murcia)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com