|
O Castro de Santa Trega: investigación dos alumnos do CEIP A Sangriña
Investigación
Sobre o Castro de Santa Trega
Impulsado pola
Biblioteca Escolar, boa parte do alumnado e profesorado do CEIP A
SANGRIÑA levan todo este trimestre investigando distintos aspectos do
CASTRO DE SANTA TREGA, co obxectivo de que o alumnado coñeza o contorno
máis inmediato. Así estudaron como vivían, onde, que comían, como vestían…
Despois de buscar
información en libros e ordenadores, dispuxéronse a ordenar todos os datos e
así fixeron: folletos individuais, carteis colectivos, presentacións en
powerpoint, pequenos libros… Cada curso elexiu o formato que máis lles
gustou.
Logo chegou a parte
plástica e xurdiron as xoias, as maquetas das vivendas nas que tanto
colaboraron as familias, os cartelóns cheos de cor…
Todo isto xunto está
exposto nos corredores do 1º andar do Centro, aberto como non ás familias e
demais membros da Comunidade Escolar.
Como actividade
final, todos os cursos participantes foron explicando uns ós outros o que
investigaran e, en distintos días, realizaron unha visita guiada ó poboado
castrexo e ó museo para ver “in situ” o que estiveran investigando.
Para rematar moi
docemente, xurdiu a posibilidade de facer unha exposición no propio museo.
Así que MANS Á OBRA… aquí a tedes! Non vos perdades a visita!!!.
No nome das nosas
familias e do noso alumnado, agradecemos ó Concello da Guarda e ó persoal do
Museo a axuda e colaboración prestada para facer realidade esta exposición.
Foi para todos,
profes e alumnado, unha moi boa experiencia que repetirán no futuro!!!
Otra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

|