05/12/2011

     

    

Concerto de Santa Cecilia

Agrupación Musical da Guarda

  

 

            A igrexa de Santa María da Guarda foi o “auditorio” que acolleu, o 3 de decembro, o Concerto de Santa Ceilia, organizado pola Agrupación Musical da Guarda, con novidades na edición deste ano, que comezou coa actuación dos grupos de Cámara: Frauta (con Raquel Martínez, Laura González e Ángela Verde); Clarinetes (con Gemma Martínez, Cintia Lomba, Ana Castro e Alberto Alonso; Melissa David, Sara Márquez e Cristina Pou); Grupo de Metais (trompetas de Mª Rosario Conde, Víctor Alonso, Luciano Lomba e Pablo González; trompas, de Rodrigo Lomba e Pablo Pou; trombóns, de Fabián Lomba, Óscar Dorado e Pierre I. Meléndez; bombardinos de Iago Piñeiro e Brais Alonso, e tuba de Óscar Arias).

            Pechou esta parte musical o Grupo de Percusión con Julián Lomba, Mateo Álvarez, Enrique Alonso, Jorge Martínez, Adela Rial e Nuria Gómez.

            O concerto serviu de presentación da Banda Infantil, dirixida por José Antonio Soutelo Muñoz, algúns de cuxos integrantes pasaron, na mesma xornada, a integrarse na Agrupación Musical da Guarda recibindo dos músicos desta formación o correspondente pin que lles acredita como membros da banda guardesa.

            Pechou o concerto, que estivo, unha vez máis, presentado polo párroco Jesús García Villadóniga, a banda de música Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta, interpretando o pasodobre “Suspiros de España”, o musical “West Sides Story”, a bossa nova “Pomba triste”, o pasadobre “Encontros”, e a samba “Tico-Tico no Fubá”.

            O público, que ateigaba o templo, ocupando a totalidade das bancadas e acomodándose tamén no coro, saíu satisfeito e orgulloso do concerto con eloxios para a Agrupación Musical da Guarda.

  

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Univ. de Minho gañadora dos Xogos Glaico Durienses

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com