02/01/2012

     

    

Baño de Fin de ano da Peña Cemento

na Area Grande

   

 

O sábado, 31 de decembro, volveu a Peña Cemento a cumprir co ritual do baño de fin de ano nas frías augas da Area Grande onde, arredor das 13.30 horas, comezaron os exercicios de quecemento para, deseguido, darse o chapuzón. Algúns atoparon as augar demasiado frías e logo de sumerxirse abandoaron o areal na procura de calor. Outros soportaron as baixas temperaturas e disfrutaron máis do baño.

Hai 26 anos que a Peña Cemento deixa constancia do seu baño nunha placa na que se van debuxando os díxitos, pero os iniciadores deste ritual comezaron moito antes de que en 1986 “institucionalizasen” este baño nun dos principais areais guardeses.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Coro colexio PP. Somascos na Residencia Mte Tecla

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com