06/11/ 2010

     

    

Centenario de Mercedes Alonso Baz

   

 

            O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e as concelleiras Teresa Vicente Baz, de Sanidade e Servizos Sociais, e Carmen María Castro González, de Muller, cumplimentaron na tarde do 5 de novembro a Mercedes Alonso Baz, que cumpría neste día 100 anos cheos de vitalidade e bo humor.

            En nome do concello, Mercedes recibiu, aos sons das faitas co Club da Terceira Idade, unha praca que lembra o día no que cumpriu o século, unha tarta coas velas que simbolizaban os cen anos e que soprou con enerxía, e un ramo de flores.

            Mercedes, que xa é unha das seis mulleres guardesas que acadan o século, arroupada pola familia, que chega a cuarta xeración, e polos seus veciños da rúa do Medio, atreveuse a tocar a pandeireta e a entoar algunha cantiga.

            Os agasallos chegáronlle tamén por parte do dirección da residencia Monte Tecla, onde vive a centenaria guardesa desde hai tres anos, que con emoción “porque nos dá moita vida”, lle entregaron outro ramo de flores, mentres o persoal laboral tamén quixo obsequiala cunha chaqueta de lá que sen dúbida estreará xa nestes días.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Conferencia

de

Gómez Papí

  

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com