14/06/2011

     

    

Curso cociña tradicional

 da Asociación para a Recuperación do Traxe Galego

 

13 mulleres que se formaron na cociña Tradicional recibiron os Diplomas entregados pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego

 

            A Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda entregou onte, día 13 de xuño, os diplomas ás 13 mulleres que participaron no programa “Pensando en ti”, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, e que se formaron na especialidade de Cociña Tradicional, curso impartido por Isabel Vicente.

            Este curso que principiou o 18 de marzo e concluíu o día 11 de maio, tivo 30 horas de formación.

            A vicepresideta da Asociación para a Recuperación do Traxe Galego, Julia Sobrino, agradeceu á Deputación esta oportunidade que posibilita ofertar este curso ás participantes, e a estas tamén lles manifestou o seu agradecemento polo aproveitamento que fixeron do curso.

            Persoalmente, engadiu Julia Sobrino, “para min foi unha experiencia case mística pois consideraba a cociña como algo aburrido; pero este curso permitiume entrar en contacto cun grupo de mulleres extraordinarias me me deron alegría e, incluso, aprendín a facer cañitas”.

            Pola súa banda a monitora do curso, Isabel Vicente, reiterou o adradecemento á Deputación e ás participantes. Engadiu que estes programas de formación son moi interesantes, e sentiuse, dixo noutro momento, “encantadísima ao dar o curso; paseino moi ben; permitiume relacionarme máis coa xente e, se fun capaz de ensinarvos algo, xa estou feliz e agradecida”.

            Deseguido a Xunta Directiva procedeu a entregar os Diplomas ás alumnas participantes no curso, entregándolle asemade un agasallo a Isabel Vicente. O acto rematou degustando as distintas elaboracións acompañadas dun viño doce e un brindis con champán.

 

 Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Procesión

San Antonio

(A Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com