26/01/2011

     

    

Semana da Cociña do Mundo (CEIP nº 2)

Reportaxe de Beti Rey

 

O CEIP nº2 de Tui está a celebrar dende o luns a Semana da Cociña do Mundo co obxectivo de que os seus alumnos, máis de cincocentos, coñezan algo máis dos costumes dos seus compañeiros que veñen doutros países e que representan  o 15% da matrícula.

O director do centro, Jesús Beamonde, explicaba na RMT que a iniciativa é moi ben acollida. Xa a realizaran hai sete anos e ante o éxito acadado decidiron repetir.

Con respecto á matrícula de nenos doutros países explicaba que vai aumentando, sendo ben acollidos. Esta actividade plantéxana dentro dos actos da semana da Paz.

Para levar adiante esta iniciativa sobre a cociña do mundo teñen a colaboración das nais que explican ao alumnado os ingredientes e a elaboración de cada prato. Ao final da xornada degustan o cociñado. O luns tocoulle a quenda á cociña marroquí e onte á centrouse na cociña brasileira.

Para rematar os actos do Día da Paz, o próximo luns no Teatro Municipal asistirán a unha representación teatral organizada pola ANPA.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Comercialización de

Ourizo

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com