05/02/2011

     

    

A saúde bucodental

Colexio S.José-HH.Carmelitas

Reportaxe de Maria José González Álvarez

  

Colexio S. José –Carmelitas: conferencia sobre saúde bucodental

Os alumnos de E.Infantil e Primaria do colexio S.José, asistiron na mañá do venres a unha conferencia sobre saúde bucodental que se levou a cabo no salón de actos do centro.

A poñente foi a odontóloga  Mª Angeles García López graduada na Universidade Europea de Madrid.

A conferencia comenzou coa visualización dunha curtametraxe, na que dun xeito lúdico Mª Angeles explicou como se forma a placa dental, como se pode combater  e a importancia do cepillado diario para previr enfermidades bucais.

Despois a doutora lembroulles aos nenos a importancia de realizar visitas periódicas ao dentista para mellorar o coidado da súa boca.

Ao finalizar  a charla, a dentista entrregoulles un pequeno agasallo a cada neno que consistía nun calendario para anotar os seus cepillados diarios e un pequeno tubo de pasta dental.

Desde o colexio San José-HH. Carmelitas buscan, cone estas iniciativas sensibilizar e fomentar a educación para a saúde adquirindo hábitos que axuden aos nenos a gozar dunha boca máis sana e mellor coidada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Polbo e filloas en "La Casa de la Abuela"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com