Entrega das medallas de ouro da cidade de Tui a tres congregacións
relixiosas
O pasado sábado o Concello de Tui entregou a medalla
de ouro da cidade a tres congregacións relixiosas que veñen de cumprir cen
anos da súa presenza no municipio. O acto celebrouse no salón de sesións da
Casa do Concello presidido polo alcalde, Moisés Rodríguez, e coa presenza de
membros da corporación.
A medalla de ouro concedeuse ás Fillas da Caridade de
San Vicente de Paula, ás irmás relixiosas de Santa Dorotea e das
Franciscanas hospitaleiras da Inmaculada Concepción. O acto contou coa
interpretación musical ao piano de Anastasia Papú Chiu.
Tras un repaso a historia destas tres congregacións e
dar lectura o acordo pleno tomaba a palabra o alcalde de Tui quen
dirixíndose ás homenaxeadas salientaba que coas medallas quérese testemuñar
a gratitude pola súa labor, e indicaba que queremos que continúen
enriquecendo a cidade coa súa presenza e traballo, dándolle as grazas en
nome de todos os tudenses.
Tras a entrega das medallas tomaba a palabra en
representación das tres congregacións a representante das fillas da caridade
de San Vicente de Paul, Rosario González Alonso, que é amais tudense.
Comezaba e remataba a súa intervención en galego,
aínda que se desculpaba por empregar no resto das súas palabras o castelán
polos moitos anos que leva lonxe desta terra. Dicía que para as tres
congregacións é unha honra recibir esta medalla de honra, indicando que con
esta concesión homenaxeábase a todas as relixiosas que durante máis de cen
anos deron o mellor de si dende a fe e o compromiso.
Remataba a súa intervención desexando Construír entre
todos e para todos un mundo de respecto, solidariedade e amor.











