13/06/2011

     

    

Toma de posesión da nova Corporación da Guarda

  

José Manuel Domínguez Freita reelexido co voto dos seus compañeiros de partido alcalde de A Guarda

 

            Unhas 150 persoas acudiron o sábado, 11 de xuño, ao Salón de Plenos do concello da Guarda para asistir á constitución da nova Corporación, acto que principiaba ás 12 do mediodía coa lectura, por parte da secretaria municipal, do regulamento correspondente. A mesa de Idade estivo formado polos electos de maior idade, José Vicente Ferreira, e de menor idade, Antonio Fontela Martínez.

Os edís, xuraron ou prometeron o seu cargo na correspondente toma de posesión,  lendo a fórmula legal establecida ao efecto “Prometo (xuro) pola miña conciencia e honra cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleiro do concello da Guarda con lealdade ao Rei (aquí os concelleiros do BNG introduciron o engadido por imperativo legal) e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado”.

Todos os edís, agás catro do Partido Popular (Fátima Iglesias Ferreira, Hortensia Mª Vicente Santiago, José Vicente Ferreira e Antonio Fontela Martínez, que optaron pola fórmula do xuramento), os demais elixieron a fórmula da promesa.

Elección de alcalde

            A elección de alcalde realizouse a man alzada entre os candidatos que encabezaban cadansúa candidatura (PSOE, PP, CG), agás o BNG que decidiu non presentarse a este elección, explicando Xan Lois Lomba, antes da votación o sentido da súa decisión: “No BNG actuamos con responsabilidade, tendo en conta de que forma somos máis útiles para os veciños e veciñas da Guarda e como poderemos desenvolver mellor o programa co que nos presentamos a estas eleccións municipais. Iníciase un novo tempo político sen maiorías absolutas no que o diálogo vai ter que ser unha constante. O BNG vai poñer os intereses das maiorías sociais enriba da mesa ante calquera proceso de negociación que se teña que afrontar” dijo, Xan Lois Lomba, para añadir, en otro momento que “O BNG defende novas políticas desde os concellos, de acordo co que defendimos durante a campaña electoral. O BNG non avalará, por tanto, políticas de dereita desde os gobernos municipais e si políticas nas que se aposte polos nosos sectores produtivos e as maiorías sociais”.

            José Manuel domínguez Freitas contou con oito votos, correspondentes a totalidade dos concelleiros da formación socialista; Fany Iglesias Ferreira, do Partido Popular, reunía os seis votos do conxunto de edís con representación municipal, e Beatriz Estévez Álvarez, de C.G., conseguía o seu propio voto, polo que foi provlamado alcalde, entre os aplausos de público, José Manuel Domínguez Freitas, entregándolle o simbólico bastón de mando José Vicente Ferreira, logo de xurar o cargo de alcalde.

Domínguez Freitas dirixiuse ao presentes facendo referencia na súa intervención, entre outras cuestións aos tempos difíciles que se viven por mor da crise mundial que estamos a padecer. “O desemprego, a perda de poder adquisitivo, a crise de confianza debuxan un panorama complexo que, entre todos, deberemos superar. As facendas locais tampouco pasan polo mellor momento. Pero nos tempos difíciles e cando a coraxe, a ousadía e a imaxinación teñen que facernos saír adiante”. Predixo que en 2015, cuando finalice a lexislatura, teranse superado as dificultades: “Mal patrón aquel que diante da tempestade non fai todo o necesario por facer que o barco chegue a porto. A Guarda chegará a porto. A bo porto “.

Puxo, como ejemplo de superación, a emigración dos séculos XIX e XX, ou que os nosos mariñeiros fosen pioneiros en buscar o sustento en todos os océanos.

El fomento do emprego e as políticas sociais, estiveron no discurso de José Manuel Domínguez Freitas. Respecto do emprego dixo que “teremos que facer posible incentivar, dende a limitación neste eido do Concello,  a creación de emprego mediante a bonificación de impostos municipais. Deberemos incidir na organización de cursos e accións formativas tendentes a mellorar a cualificación dos nosos traballadores, sobre todo dos máis novos. E reclamaremos a construcción, aínda que sexa por fases, do Parque Empresarial A Guarda- O Rosal. Cando pase a crise, que pasará, deberemos ter chan industrial que ofertarlle ós nosos empresarios, ós nosos emprendedores”.

E sobre as polítcas sociais sinalou que “É a nosa obriga, xunto co resto das administracións, estar a altura das circunstancias. Por iso teremos que ser capaces de ofertar o mellor dos servizos, establecendo claramente as prioridades porque as necesidades son moitas e os cartos contados. Cunha premisa que todos temos clara : antes as persoas, despois os baches”.

            Consciente de que preside un goberno en minoría José M. Domínguez Freitas adiantou que “O equilibrio de forzas desta Corporación vai facer preciso que durante os vindeiros catro anos se establezan canles de diálogo e de colaboración entre nós para que determinados obxectivos de vital importancia para A Guarda poidan conseguirse”.

            E rematou a súa intervención con optimismo: “Temos unha xente emprendedora que saíu adiante aquí e en moitos lugares fóra de aquí. Só temos que sentar as bases, ser capaces de poñer as condicións necesarias e o demáis virá dado. Ilusión, ganas, esforzo, traballo e máis traballo e o que prometemos para estes vindeiros catro anos”.

Unha vez finalizado o acto de constitución da corporación, o grupo de goberno socialista, militantes e simpatizantes, dirixíronse ao cemiterio da Guarda onde, nun sinxelo acto, depositaron distintas rosas vermellas sobre as tumbas dos republicanos asasinados na represión ou xa falecidos de forma natural, como Brasilino Álvarez, os irmáns Domínguez e Juan Noya, entre outros, recordando José Antonio Uris Guisantes, o que significou cada uns deles na historia local.

Hai que sinalar que o primeiro acto oficial de José Manuel Domínguez Freitas como alcalde foi oficiar unha voda no monte Santa Trega e o domingo, día 12, presidía o seu segundo acto oficial durante a procesión de San Antonio.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

1º Torneo Infantil F7 na Mata (O Rosal)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com