|
|
Candidatura CXXI
Reportaxe
de Beti Rey
Converxencia
XXI expuxo na súa presentación que son a opción que representa a liberdade,
o progreso e a democracia

Converxencia
XXI presentou o pasado sábado en Tui aos seus candidatos ás eleccións
municipais do 22 de maio ás alcaldías de Tui, Vigo, Santiago e á Coruña. O
acto reuniu no Hotel Colón a máis de 200 persoas.
No mesmo
Carlos Vázquez Padín, candidato de CXXI en Tui, explicou que non foi doado
facer a candidatura xa que supuxo un traballo longo dun ano, e agarda que
este sexa o inicio dunha longa traxectoria ao longo do século que da nome ao
partido. Explicaba que Converxencia é un partido galeguista, criticando
aqueles outros que “prostitúen a ideoloxía galeguista” referíndose dicía “ás
pachangas porque non merece o nome de partidos políticos” dicía que hai un
deles se presenta en Tui, e os convidaba a “seguir o único camiño honesto
que poden seguir que é integrarse en Converxencia XXI”. Engadía que PP e
PSOE defenden “intereses e privilexios” e apuntaba que son o problema e non
a solución porque apostaron por un modelo económico fallido. E sinalaba que
Tui “somos un exemplo destacado do deterioro xeral da política en Galicia e
España” polo que apuntaba que é necesario frear ese deterioro. Engadía que
“Tui é un exemplo de coma nunca se debe xestionar unha administración local”
e puña coma exemplo o PXOM que no seu parecer non merece o cualificativo
nin de xeral nin de urbanístico, e que as obras do Plan E foron adxudicadas
case todas á mesma construtora. Tamén lembraba que Tui acaba de ser
declarado polo Defensor del Pueblo coma municipio “entorpecedor”.
Por outra
parte Carlos Vázquez Padín expuña que en Tui hai tres candidaturas
conservadoras que cren están movidas por obxectivos e interese de índole
persoal, indicando que Tui é “un exemplo paradigmático de como as persoas
que están no PP cando creen que o Partido Popular non responde aos seus
intereses de índole persoal, sexan económicos u político, non dubidan en
irse do partido” o que dicía “demostra que non son intereses de índole
ideolóxico o que os leva a estar nese partido”. Engadía que este
funcionamento do Partido Popular non é so un problema do PP senón un
problema de Tui. Nese senso indicaba que “o Partido Popular representa un
grave problema político para Tui porque gobernou no municipio de xeito
ininterrompido os últimos 20 anos polo que no seu parecer “son os
responsables do estancamento político,social e económico” da cidade.
Explicaba que o 22 de maio hai unha oportunidade para cambiar esta
situación, manifestando que a pesar de que hai seis candidaturas no seu
parecer hai dúas opcións nitidamente diferenciadas á da arbitrariedade, a
incompetencia e á inxustiza que ao seu xuízo representa o PP e a da
liberdade, o progreso e a democracia que representa CXXI.
Insistía
Carlos Vázquez Padín que cre que Converxencia XXI é “a ferramenta máis
acaída para provocar un punto de inflexión” e coma proba disto apuntaba
algúns acontecementos do último ano logrados en parte a súa presenza sendo
aínda un partido extra institucional. Falaba nese senso da presenza en Tui
dos tres líderes do principais partidos políticos para presentar aos seus
candidatos, da concesión da licenza a operadora R logo de que denunciaran no
verán pasado as problemas que tiñan para conseguila, así coma o avance no
PECH. Apuntaba que neses logros teñen tamén parte Ruegos e Preguntas,
Intramuros ou a Asociación Arcebispo Lago.
O líder de
Converxencia XXI apuntaba que “precisamos o 22 de maio depositar os nosos
voto para contribuír a que Galicia se achegue aos parámetros de democracia,
de liberdade e progreso dos países máis avanzados de Europa” indicando que
ese camiño se inicia da man de Converxencia XXI nos catro concellos onde se
presentan.
Convidaba a
soñar un Tui mellor, un Tui posible cunha administración que facilite a vida
dos cidadáns, onde non se suban máis os impostos, onde haxa un urbanismo
planificado para mellora a calidade de vida, onde se melloren as
infraestruturas, onde se aproveita o gran potencial turístico de Tui e a
súa situación xeográfica para xerar emprego e riqueza.
Engadía Padín
que se precisa renovar o goberno local na forma de facer as cousas, e dicía
que toca acompañar o orgullo de ser Tui, coa responsabilidade e de facernos
respectar.
A presentación
remataba coa proxección de dous vídeos un primeiro sobre as promesas
electorais do PP en 1999 e o actual estado de execución das mesmas, e outro
no que os candidatos de CXXI esbozaron algunhas das propostas do seu
programa electoral coma a administración electrónica, acondicionamento da
beira do río, bolardos mecánicos no acceso ao conxunto histórico, zonas de
esparcemento, colaboración con Play-Doc, escola infantil, wifi rural, ou
rehabilitación do Teatro Principal entre outros.






|
|
Traslado
de Santa
Calumbra
Índice reportaxes 2010
Reportaxes dos lectores
Se
desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen
compromiso enviando un correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|